MINOLTA DIGITAL CAMERA

Denuncian a non implantación de novos servicios nas cabinas telefónicas en Santiago

O Grupo Municipal Popular xa se interesou noutras ocasións sobre as xestións que está a realizar o Goberno de Martiño Noriega para a implantación de novos servizos nos emprazamentos das cabinas telefónicas, como a posta en servizo de redes wifi, cargadores de dispositivos móbiles ou chamadas de emerxencia, entre outros asuntos.

Pasados case tres anos de Goberno de Compostela Aberta, nada se ten feito neste eido, nin parece que haxa medidas en marcha, polo que esta lexislatura rematará con antigas cabinas telefónicas sen máis función que a de soportar pintadas.

O Grupo Municipal do Partido Popular xa indicou que é necesario desfacerse dunha imaxe negativa na cidade, polo que, ante a falta de iniciativas e de feitos por parte do Goberno de Compostela Aberta, resulta imprescindible que as vellas cabinas se poñan en valor, converténdoas en puntos de conexión wifi gratuíta, de recarga de dispositivos móbiles, de servizos gratuítos para as chamadas de emerxencia ou en sistemas de difusión da información de interese cultural e turística ou mesmo publicidade, que cubrira o custo do mantemento da nova infraestrutura.

Estas actuacións que reclaman os Populares santiagueses e que xa levaron a Pleno no ano 2016 encaixarían no proxecto intelixente SmartiAGO, polo que a capital de Galicia se situaría á vangarda das cidades que fan unha aposta polas novas tecnoloxías ao servizo da cidadanía.

O Grupo Municipal Popular considera que as vellas instalacións se están a converter nun obxecto de moi escaso uso por parte da cidadanía, debido ao auxe da telefonía móbil, o que garda relación co seu constante deterioro, polo que se fai necesario adoptar medidas para aproveitar as súas posibilidades técnicas e de localización.

Deja una Respuesta