18f97f8f-6dd1-42f3-8454-bf16df5f05a8

Denuncian o abandono no que se atopa o perímetro da Ponte de Carollo

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Oroso, encabezado polo seu portavoz, Alexander Doval, denunciou hoxe o estado de abandono no que se atopa na actualidade o perímetro da Ponte Carollo na parroquia de Cardama.

 

Os populares, que esta mañá rexistraron unha petición para urxir ao goberno local a que tome medidas que permitan solucionar este problema, alertaron sobre a existencia de maleza que excede as varandillas, un feito, dixo Doval, que imposibilita o tránsito de persoas pola ponte senón é pola calzada.

 

“Falamos dun lugar de paso para as persoas que une Carollo co resto da parroquia de Cardama e que se atopan con moitos problemas para poder transitar por esta zona”,lamentou o popular, quen incidiu tamén en que a vexetación está a empezar a invadir tamén a calzada o que, na súa opinión, supón tamén un risco para a seguridade dos vehículos.

 

Ante esta situación, desde o Partido Popular consideran “imperdonable”que o goberno local “siga mirando para outro lado”e non leve a cabo as tarefas de limpeza necesarias para arrombar esta zona.

Deja una Respuesta