IMG_0139

O PP urxe a mellora das áreas recreativas de Chaián e Barciela

O portavoz do Grupo Municipal Popular, Agustín Hernández, presentou unha proposición relativa ao acondicionamento e á mellora das áreas recreativas de Chaián e Barciela, situadas na ribeira do Tambre. “Estamos no día da marmota”, lamentou Agustín Hernández, que recordou que esta iniciativa foi presentada hai case un ano e que, a pesar de ser aprobada por unanimidade despois no pleno, Compostela Aberta non fixo absolutamente nada. “O pasotismo deste goberno obriga a traer de novo esta iniciativa”, salientou.

“Desleixo” e “abandono” foron algúns dos cualificativos cos que o portavoz popular denunciou a falta de actuación por parte de Compostela Aberta, que “non fixo nada neste ano, polo que se incrementou o abandono nestas dúas zonas”. Así, a proposición volve recoller o mal estado no que se atopan estas dúas áreas así como a necesidade de acometer un plan integral de conservación, acondicionamento, mellora e promoción destes espazos. Do mesmo xeito, insta a que se incremente o seu nivel de coñecemento entre os veciños e os visitantes ao noso concello.

O portavoz popular fixo referencia á singularidade destes enclaves así como a súa inclusión como Lugares de Interese Comunitario na Rede Natura, algo que parece “non merecer o mesmo recoñecemento por parte da acción municipal”. “É –engadiu- un goberno ecoloxista de cara a galería, no postureo político, pero na práctica cotiá esquece totalmente eses principios de respecto e coidado pola natureza”.

“En Chaián, non se acondicionaron os sendeiros nin se incidiu na súa accesibilidade; non se tratou a madeira da caseta do pescador nin as mesas nin os bancos; non se limpou nin arraxou a fonte; non se repuxo o estragado cartel informativo da entrada; e non consta ningunha xestión coa Deputación da Coruña para advertir e reducir a velocidade neste punto concreto da estrada”, informou Agustín Hernández. Para o portavoz popular, o caso da insua da Barciela é aínda peor, xa que, ademais de non facer nada para mellorar o acceso e as condicións da área, “as mesas e bancos de uso público que recomendabamos arranxar, desapareceron”. Do mesmo xeito, incidiu nas dificultades de accesibilidade nas pontes.

Deja una Respuesta