Muxia

Denuncian o uso de cartos públicos para financiar a campaña do candidato do PSOE

.-  A portavoz do Partido Popular de Muxía e candidata ás eleccións municipais do mes de maio, Sandra Vilela, denunciou hoxe o uso de diñeiro público por parte do goberno local para financiar a campaña do candidato á alcaldía do concello por parte do PSOE e concelleiro de Deportes, Iago Toba, a través da dedicación exclusiva aprobada no pleno celebrado onte.

 

Os populares, que cualifican de “burla e de tomadura de pelo” aos veciños a decisión aprobada polo executivo local, subliñan que non existe motivo algún que xustifique esta medida, aparte do claro interese  partidista e beneficio persoal para Toba”, ironizou Vilela, quen acusou o rexedor de “rirse e de tomar por parvos” aos veciños de Muxía.

 

Neste sentido, a candidata popular asegurou que todo o mundo no municipio sabe que a Toba “nin lle importa nin lle interesa o deporte”, e puxo como exemplo que, en case catro anos, a súa presenza nos partidos do equipo de fútbol foi “testemuñal, por non dicir nula”.  

Con todo iso, para Vilela o único motivo para aprobar a nova dedicación exclusiva non é outro que o de que Toba poida financiarse a súa campaña electoral cos cartos de todos os veciños de Muxía.

 

 

Deja una Respuesta