20190329_20190329_FeijooCandidatosCongresoSenado_01

Diego Calvo destaca a “solvencia, experiencia e ilusión” dos candidatos

O presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, destacou hoxe a “solvencia, experiencia e ilusión renovada” que atesouran os candidatos ao Congreso e  ao Senado que presenta a súa formación, e asegurou que todos eles se “deixarán a pel” en defender os intereses de toda a provincia.

 

No acto de presentación da lista dos populares, e acompañado polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, polo director de campaña, Evaristo Ben, e a secretaria xeral, Rosa Gallego,Calvo subliñou que os vinte elixidos son un “fiel reflexo” do sentir nas comarcas de Costa da Morte, Barbanza, Santiago, Ferrolterra e A Coruña.

 

Tras nomear un por un a todos os integrantes da candidatura e agradecerlles a súa dedicación e o seu esforzo, Calvo detívose na importancia dunhas eleccións que non dubidou en cualificar como “as máis importantes” da historia democrática do noso país.

 

“Hoxe presentamos a 10 homes e 10 mulleres que son un valor seguro para a provincia nun momento no que nos estamos xogando o futuro económico e social de España”, indicou o líder popular, quen chamou a mobilizarse para deixarlle claro a Pedro Sánchez que se terminou o tempo de xogar coa unidade, coa economía e coa estabilidade do país.

 

Na súa intervención, o presidente provincial insistiu en que os galegos “queremos certezas, responsabilidade e oportunidades” como as que se crean en Galicia co goberno de Núñez Feijoo, e como as que representa o proxecto liderado por Pablo Casado, e non a un presidente que chegou, dixo, mentindo, co que volve a subir o paro e que fixo “moito dano a España en tan pouco tempo”.

 

“Catro anos de Sánchez na Moncloa poden ser unha eternidade e, o que é peor, poden supor a ruína para España como xa nos pasou co goberno de Zapatero”, advertiu o popular, quen instou a “traballar unidos” contra os que queren pactar con Bildu, Podemos ou separatistas cataláns.

 

Non desperdiciar un voto

Neste sentido, Calvo recalcou a importancia de “non desperdiciar nin un voto” en outras formacións que pretenden imitar ao PP, e reiterou que “só escollendo a papeleta de PP” poderase conseguir que Pedro Sánchez baixe do Falcon e abandone a Moncloa.

 

No seu discurso, o presidente provincial referiuse tamén a outras formacións como C’s, aos que lles lembrou que fai tres anos os coruñeses “xa lles deixaron claro que nos nos enganan”, e defendeu que “non poden vir a Galicia a criticar a nosa forma de ser e a nosa lingua sen ter nin idea do que é Galicia, por moito que agora traten de falar en galego dous minutos”.

 

Calvo terminó su discurso insistiendo en la idea de que España “necesita un gobierno del PP con Pablo Casado al frente”, y defendió que “merece la pena y compensa votar al PP” porque, aseguró, “hemos demostrado que somos un partido serio, solvente y capaz de gestionar”.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deja una Respuesta