FOTO DIEGO CALVO

Calvo presenta un equipo “renovado” e que traballará para afianzar a confianza dos coruñeses

A candidatura de Calvo contou, por tanto, co aval da grande maioría dos votantes, que deron o seu apoio a un equipo no que Rosa Gallego exercerá como secretaria xeral e que conta con tres vicepresidentes: Beatriz Mato, Agustín Hernández e José Manuel Rey. Como vicesecretario de organización e territorial traballará Evaristo Ben Otero.

Durante a presentación da súa candidatura, Calvo resaltou que conta cun equipo “renovado”, con “moita ilusión, moitas ganas de traballar” e que sabe que “ten a obriga de recuperar a confianza dos coruñeses”. Explicou, ademais, que a estrutura deseñada responde a oito grandes áreas de traballo (Sector Primario, Entorno Competitivo, Medio Ambiente, Persoas, Coñecemento, Participación, Comunicación e Formación) e que recupera a figura dos coordinadores comarcais, que se dividirán en seis: José Luis Fernández Mouriño na Coruña, Ernesto Anido en Betanzos, José Manuel López Varela en Bergantiños, Zaira Rodríguez Pérez en Corcubión, José Manuel Rey Varela en Ferrol, e Luis Oujo Pouso en Barbanza.

“Sabemos que somos a aposta gañadora”, asegurou Diego Calvo, que animou a todos os presentes no Congreso a saír ás rúas “coas cabezas altas e os orgullos intactos” porque “o Partido Popular da Coruña non ten nada de que avergoñarse”.

“Nada de novas e vellas políticas; as políticas son boas ou malas”

Durante a súa intervención tras ser proclamado presidente provincial, Diego Calvo fixo unha férrea defensa das “boas políticas” porque, dixo, “o debate non é se hai novas e vellas políticas, senón boas e malas políticas, e as boas son as do Partido Popular”.

Neste senso, criticou as últimas “incoherencias” desas “chamadas novas políticas” que reivindican o non ter feito nada para facer algo en política e que proclaman que o mellor candidato a gobernar unha cidade e un país “é ese que non ten experiencia na política”.

“Eu me rebelo, e eu reivindico as boas políticas do Partido Popular, que conta con experiencia suficiente para facer o que xa fixo máis veces, sacar ao país da crise económica”, matizou Calvo, que ironizou tamén sobre a última visita de Pedro Sánchez á Coruña para “reunirse ás agochadas con Xulio Ferreiro e pedirlle o seu apoio a cambio de que os socialistas coruñeses lle voten os orzamentos”.

Apelou tamén o novo presidente provincial aos valores morais dun partido “no que crecín, e ao que me afiliei aos 18 anos” porque “nós non temos dobreces, dicimos en todos os sitios o mesmo” e “non imos aceptar leccións de ninguén sobre o que é traballar na rúa, preto da xente, porque iso inventámolo nós”.

Comunicación, formación, participación

Diego Calvo asegurou que a súa intención é que o Partido Popular da Coruña se confirme como “a referencia de todos os cidadáns” e que, para iso, insistirá en tres grandes eixos de traballo: a comunicación, a formación e a participación.

“Temos que comunicar máis, conseguir que todos os coruñeses entendan o que estamos a facer, e temos que entrar en todos os debates que se nos plantexen porque o Partido Popular da Coruña vai ter opinión en calquera asunto de actualidade”, apuntou Calvo, que tamén insistiu na importancia de formar “aos nosos militantes, portavoces e alcaldes” a través de áreas de traballo sobre diferentes materias.

En canto á participación, o presidente provincial asegurou que “firmo punto por punto a ponencia que presentou o PPdeG no último Congreso” e incidiu en que desde A Coruña se darán pasos á celebración de congresos abertos á toda a militancia. “Comparto iso de un militante, un voto, pero sabemos que para iso é necesario cambiar os estatutos e que para iso existen uns prazos, porque non se poden cambiar as regras do xogo no medio do partido”, explicou.

Do mesmo xeito, insistiu na “grandísima importancia” que lle dá á militancia, e repetiu o que xa dixo nas reunións celebradas estes días ao longo de toda a provincia. “Somos 30.000 afiliados. Ciudadanos en toda España ten 32.000 afiliados e, nós, só nesta provincia, somos 30.000. Iso tense que notar”, aseverou, en referencia a que “cada afiliado ten que ser un militante activo”.

Asimesmo, calificou os cambios no seu equipo como "unha renovación integradora" porque "aquí ninguén sobra e todos sumamos".

Unha provincia preparada para as eleccións

Finalmente, e dirixíndose ao presidente Feijóo, Calvo insistiu en que a provincia da Coruña seguirá a dar exemplo no que respecta á organización de equipos de traballo de cara ás próximas eleccións autonómicas e mesmo ás municipais do ano 2019.

"Quero volver a sentir ao lado de todos vós a emoción que sentimos nas eleccións do 2009 e do 2011", subliñou o presidente provincial.

 

NUEVO ORGANIGRAMA

CANDIDATURA AL XV CONGRESO PROVINCIAL PP A CORUÑA COC

COMUNICADOS

COMUNICADO Hacia unha política medioambiental sostible

COMUNICADO. A política social ao servizo das persoas

COMUNICADO SECTOR PRIMARIO

 

 

 

Deja una Respuesta