FOTO HOMENAJEADOS

Homenaxe aos alcaldes que contribuíron a que o PP “sexa o gran partido que é”

A dirección provincial do Partido Popular da Coruña, encabezada polo seu presidente, Diego Calvo, aproveitou a reunión directiva celebrada esta tarde para render un “máis que merecido homenaxe” á figura dos alcaldes falecidos que, co seu labor, contribuíron a que o partido sexa hoxe “o gran partido que é, e a formación preferida pola maioría dos galegos”. O acto serviu tamén para homenaxear aos tres presidentes de honra: Gerardo Fernández Albor, José Manuel Romay Beccaría e Carlos Negreira.

Acompañado pola secretaria xeral, Rosa Gallego, e polo vicesecretario xeral de Ordenación e Territorio, Evaristo Ben, Calvo subliñou que Manuel Brañas (Aranga), Valentín Castreje (Fisterra), Benito Souto (Vilarmaior), Deogracias Romeu (Miño), Celestino Sardiña (Pontedeume), Manuel Candocia (As Somozas), Armando Blanco (Teo), Enrique Tojo (Rois), Ricardo Pérez Queiruga (Ribeira) y Manuel Durán (A Pobra) “son xa parte indeleble da historia da nosa formación ao longo de toda a provincia”.

“Creo que calquera acto que fixésemos non estaría á altura da figura de todos eles, pero non me equivoco si digo que todos compartimos a idea de que é de xustiza renderlles homenaxe a eles e, por suposto, a todas as súas familias”, apuntou o presidente provincial.

Neste sentido, o líder dos populares na provincia incidiu na “importancia” de manter vivo o legado dos que “estiveron antes que nós” porque, na súa opinión, “para seguir traballando en mellorar o futuro non debemos esquecer o noso pasado”.

Calvo tamén aproveitou a súa intervención para referirse aos tres presidentes de honra do Partido Popular na provincia da Coruña, aos que cualificou de “exemplos a seguir como políticos” e “sinónimo de orgullo” para calquera militante do partido.

Un ano para engrasar a maquinaria
Noutra orde de cousas, o presidente provincial subliñou que a súa formación afronta o ano 2018 como un período “clave” para “engrasar a maquinaria” de cara ás eleccións municipais do 2019.

“Durante o 2017 estivemos en contacto con militantes e seguidores do noso partido en máis de 70 municipios, reunímonos con máis de 3.000 persoas. Celebremos 29 comarcais e seguimos adiante co noso proceso de actualización e aprobamos 18 xestoras locais e realizar 9 congresos”, explicou Calvo.

Lonxe de conformarse co realizado ata a data, o popular fixou como obxectivo para o próximo ano seguir recuperando a todas aquelas persoas que nalgún momento formaron parte “da gran familia do Partido Popular”.

“Debemos entender que todos somos necesarios para conseguir os resultados que queremos nas próximas eleccións municipais. Xuntos somos moito máis fortes”, dixo Calvo, quen, anunciou que, trala a boa acollida da I Romaría Popular celebrada no Pino, a dirección do partido xa traballa na organización dunha nova edición para este ano.

Nova xestora en Padrón
Por outra banda, a dirección provincial deu luz verde á nova xestora local de Padrón, que estará presidida polo alcalde da localidade Antonio Fernández Angueira, e na que se integran destacados membros do Partido Galeguista como Ángel Rodríguez Conde, que será o secretario.

“En Padrón soubemos aprender dos nosos erros e agora estamos a demostrar que sabemos funcionar como un equipo unido e cohesionado”, apuntou Calvo, en referencia ao pacto alcanzado no seu momento co Partido Galeguista, e que está a permitir ter un proxecto de goberno “estable e de futuro para Padrón”.

Deja una Respuesta