Reunión Francisco Conde

Doval aposta polo tecido empresarial local como motor da economía de Oroso

O candidato do Partido Popular á alcaldía do Concello de Oroso nas eleccións municipais que se celebrarán o próximo mes de maio, Alexander Doval, anunciou hoxe que o programa económico da súa formación incluirá unha “clara aposta” polo tecido empresarial local como “motor da economía do municipio”.

 

Nunha reunión de traballo con representantes de diferentes sectores empresariais, e acompañado polo conselleiro de Industria, Francisco Conde, o popular avanzou unha serie de medidas que, dixo, servirán de axuda e impulso á economía local.

 

Entre as súas propostas, Doval puxo sobre a mesa a rebaixa dos impostos municipais –eliminación da Plusvalía-, así como unha serie de bonificacións para as empresas que creen emprego no municipio –febreiro cerrou con 372 parados-.

 

Ademais, o candidato popular asegurou que apostará pola creación dunha plataforma de formación acorde coas necesidades específicas das empresas locais, e comprometeuse a impulsar a creación dunha Asociación de Empresarios do municipio.

 

Por último, a cabeza de lista, anunciou unha serie de medidas que sirvan para mellorar o estado de conservación no que se atopan as rúas do polígono de Sigüeiro, e avogou por unha administración máis rápida á hora de conceder licenzas e permisos.

 

Falamos de medidas sinxelas de levar a cabo, pero que resultan fundamentais para impulsar a economía local de Oroso”, dixo Doval, quen subliñou a “necesidade” e a “importancia” de contar cun tecido empresarial “sólido” e “consolidado” como elemento “clave” para o desenvolvemento social e económico do concello.

Deja una Respuesta