FOTO REUNIÓN LETE

Doval compromete un novo polideportivo e á creación dunha mesa de coordinación cos clubes

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Oroso nas eleccións municipais que se celebrarán no mes de maio, Alexander Doval, e o Secretario Xeral para o Deporte, Lete Lasa, reuníronse onte cos responsables dos diferentes clubs deportivos do municipio co fin de intercambiar impresións e ideas.

 

No encontro, os participantes coincidiron en que a “actuación máis urxente no eido deportivo é a construción dun novo pavillón polideportivo” ante a saturación que sofre o actual, un feito que ficho que o candidato popular comprometérase a executar esa obra a partires de maio se conta coa confianza dos veciños para gobernar.

 

Neste sentido tamén, Doval afondou na importancia do peche do patio cuberto do CEIP Camiño Inglés para poder utilizalo para todo tipo de deportes e en condicións climatolóxicas adversas. "Este foi un compromiso do señor Mirás que quedou en ‘auga de borrajas’".

 

Doval aproveitou tamén par por en valor a importancia do traballo dos clubs e dos pais. "É preciso crear unha mesa de traballo onde estean representados o Concello e os clubs deportivos  con fin de aunar sinerxías", dixo o líder popular, quen incidiu en que "temos que ter unha planificación real e acorde coas demandas das persoas que practican deporte no municipio”.

 

Outras necesidades deportivas

O candidato tamén fixo un repaso por outras necesidades que presenta o concello no eido deportivo, e que fan referencia a importancia de rematar coas deficiencias actuais: a construción de baños e vestiarios no Campo de Porto Avieira e mellora da iluminación, a mellora dos vestiarios, peche da cafetería e construción duns baños no Campo de Futbol do Deixebre, o cambio da manta do céspede do campo de fútbol de Sigüeiro e a construción dun parque Calistenia.

 

Deja una Respuesta