02

Doval comprométese a implantar un programa de becas para material escolar e transporte

O candidato do Partido Popular á alcaldía do Concello de Oroso nas eleccións municipais que se celebrarán o próximo mes de maio, Alexander Doval, anunciou hoxe o seu compromiso de implantar un programa de becas para financiar o transporte e o material escolar.

 

Nunha reunión coas AMPAS e coas direccións dos centros educativos, e acompañado pola conselleira de Educación, Carmen Pomar, o popular subliñou a importancia de apoiar ao órgano de representación de nais e pais co obxectivo de avanzar na conciliación.

 

Durante o encontro, Doval recolleu unha serie de propostas e demandas dos centros educativos do municipio. Entre elas, o popular destacou a necesidade de levar a cabo unha reforma integral do CEIP Sigüeiro, que afectaría á mellora da rede eléctrica, as ventás, os urinarios (xa comprometidos pola Xefatura Territorial) e os problemas de humidade do inmoble.

 

Por outra banda, o popular asegurou que existen catro centros (Senra, Vilacide, Deixebre e Trasmonte) nos que o candidato se comprometeu a realizar obras de mellora e unha campaña de publicidade co obxectivo de facelos máis atractivos á oferta educativa.

 

No que fai referencia ao CEIP Camiño Inglés, a conselleira comprometeuse a arranxar as goteiras existentes no centro este verán e a estudar o reforzo do docente de necesidades especiais, que nestes intres presta servizo aos tres centros de educación primaria. Por outro lado, recalcouse a necesidade de pechar o patio cuberto, obra comprometida polo Concello en varias ocasións e non levada a cabo.

 

Por último, no encontro puxéronse enrriba da mesa temas que afectan ao IES como o ascensor, a búsqueda dunha alternativa á casa do conserxe ou a cubrición de parte do patio para os días de inverno. Tamén se tratou a posibilidade de implementación do Bacherelato no centro.

 

 

Deja una Respuesta