02

Doval interésase pola legalidade da perrera situada ao carón do Punto Limpo Municipal

O Portavoz do Partido Popular de Oroso, Alexander Doval, rexistrou esta mañá no Rexistro Xeral do Concello un escrito preguntando pola perrera situada a carón do Punto Limpo Municipal no Polígono Industrial de Sigüeiro.

 

Doval sinala que “non se pode tratar dunha perrera municipal, como tal, xa que non existe normativa que a regule nin partida nos presupostos”.  Os populares “descoñecen se a perrera conta con todos os permisos dos organismos competentes para poder funcionar”podería tratarse, polo tanto, dunha perrera ilegal “descoñecemos tamén quen é a persoa responsable da instalación”.

Os populares decidiron formular por escrito as preguntas referidas a perrera ante as numerosas chamadas e mensaxes recibidas polo estado no que estaban os animais: en cierres pequenos con escasa capacidade de movemento, con calor e sen auga.

 

“Queremos saber cal é o destino dos  animais que alí se atopan, porque dende o Concello non se promove a súa adopción e os cans están nunhas condicións canto menos mellorables”afirman.

 

Por último, o principal grupo da oposición espera que o goberno municipal dea as preceptivas explicacións por escrito tal e como foron formuladas as preguntas e non deriven a resposta ao próximo Pleno Ordinario que será o 26 de setembro.

Deja una Respuesta