b1c4e5f4-5204-4011-bdb2-141954be7982

Doval mostra o seu total compromiso co TECOR 'Riberas do Tambre sen complexos'

O candidato do Partido Popular á alcaldía do Concello de Oroso nas eleccións municipais do mes de maio, Alexander Doval, mostrou “o seu total compromiso co TECOR Riberas del Tambre sen complexos” nunha reunión mantida na tarde de onte e que contou con máis de setenta socios. O líder popular comprometeuse a posta en marcha de actividades cinexéticas co apoio do concello.

 

Á reunión asistiu a Directora Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, Belén Do Campo, quen expuxo a liña que está a seguir o ente autonómico e recolleu as propostas dos asistentes.

Deja una Respuesta