6fa28955-95cc-4e54-bdcf-b0293b0c00f0

Doval: “O rural debe volver a estar no mapa do investimento: as parroquias tamén existen”

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Oroso nas eleccións municipais que se celebrarán no mes de maio, Alexander Doval, e o Conselleiro do Medio Rural da Xunta de Galicia, Jose González, reuníronse onte cos gandeiros do concello co fin de intercambiar impresións e ideas.

 

No encontro, os participantes coincidiron en que “a rebaixa de impostos, a bonificación das cuadras e a eliminación do imposto de plusvalía” son as necesidades máis imperiosas para a supervivencia do rural orosán, un compromiso que o candidato popular tomou como propio.

 

Neste sentido, Doval afondou na importancia de “volver poñer o rural no mapa do investimento municipal, porque as parroquias tamén existen”. O líder popular tamén subliñou “a necesidade de modificar o Plan Xeral de Ordenación Municipal co fin de adaptalo as necesidades actuais do municipio”.

 

Pola súa parte, o conselleiro do Medio Rural, Jose González, puxo en valor as concentracións parcelarias como a mellor forma de reactivar o rural, un total de sete millóns de euros que agora xa son unha realidade.

 

O membro do executivo galego, afondou tamén na importancia de promocionar os nosos produtos como garantía de supervivencia das explotacións agro gandeiras. Deste xeito, e aproveitando que xa remataron as dúas concentracións parcelarias pendentes no municipio, González comprometeuse a cofinanciar como proxecto piloto actividades que contribúan a diversificar a funcionalidade desas terras. Así, a modo de exemplo, o conselleiro referiuse á posibilidade de promover unha agrupación de propietarios para plantar grelos de maneira conxunta en terras concentradas.

 

Outras necesidades do rural

O candidato aproveitou para facer un repaso por outras necesidades que presenta o rural do concello, concretamente,  Doval referiuse á importancia do arranxo de  pistas municipais, á necesidade de dar un impulso ao abastecemento de auga e saneamento ou á construción de sendas peonís.

 

O líder popular anunciou que nas próximas semanas presentarán o programa electoral onde se concretarán as medidas propostas, non só para o núcleo urbano senón para todas e cada unha das parroquias do municipio.

 

Deja una Respuesta