CONGRESO LOCAL OROSO

Doval: “Non imos consentir actitudes ditatoriais por parte do señor Mirás”

“Non imos consentir actitudes ditatoriais por parte do señor Mirás, nin moito menos que se nos falte o respeto”. Así de contundente mostrouse hoxe o portavoz municipal do Partido Popular de Oroso, Alexander Doval, para xustificar os motivos que levaron aos concelleiros da súa formación a abandonar o salón de plenos na noite do xoves.

Desde o grupo popular considera “inadmisible” o comportamento do alcalde, Manuel Mirás, ao que acusan de “coartar a liberdade de expresión e de faltar o respeto” durante a quenda de rogos e preguntas. “A nosa sorpresa veu cando o rexedor dixo que, nesta ocasión, e por primeira vez no noso municipio, el ía ser o que fixese as preguntas á oposición”, dixo Doval.

O portavoz popular explicou que, durante a quenda de palabra, o señor Mirás dedicouse a criticar aos populares polo contido das súas últimas notas de prensa. “Botounos en cara que estabamos a crear alarma social coas nosas críticas polo atraso na retirada dos niños de velutina e polo posible incremento do prezo das horas do Servizo de Axuda no Fogar”, dixo Doval.

Unha vez que terminou de falar o alcalde, desde o grupo popular tentaron explicar os motivos que xustifican as críticas vertidas en prensa. Foi aquí cando, o señor Mirás “perdeu os papeis, empezounos a gritar e impediunos falar sobre estes asunto. Ante este comportamento, o único que podiamos facer era abandonar o pleno”.

O concello, un casarío
Para os populares, a maneira de actuar do rexedor é un “exemplo máis” do que esta formación vén denunciando desde hai tempo. “A soberbia e o cansazo despois de tantos anos na cadeira da alcaldía fan que o señor Mirás vexa o concello coma se fose o seu casarío propio, no que cre que pode facer e desfacer ao seu antollo”, subliñou Doval.

Neste sentido, Doval asegurou que, “queira ou non o alcalde, nós imos seguir escoitando aos veciños e denunciando as súas queixas”.

Deja una Respuesta