CONGRESO LOCAL OROSO

Doval ve “oportunista” a preocupación do alcalde pola parcelaria tras resolverse o problema

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Oroso, Alexander Doval, criticou ao rexedor, Manuel Mirás, ao que cualificou de “oportunista e demagogo” tras anunciar que o goberno local manterá a próxima semana unha reunión cos propietarios dos terreos da parcelaria de Senra, Cardama e Vilarromarís.

“Hai que ter moi pouca vergoña para ser capaz de mirarlle aos ollos a uns veciños que levan anos sufrindo as consecuencias de que o seu alcalde non movese nin un dedo para solucionar o problema destes predios”, afirmou Doval.

Neste sentido, o portavoz dos populares subliñou que foi a Xunta de Galicia a que puxo o diñeiro sobre a mesa para levar a cabo todo o proceso, e censuro que, “agora que xa están remantándose os camiños e agora que está todo feito, o señor Mirás pretende colocarse a medalla diante dos veciños de Oroso”.
Doval lembrou tamén que foi a súa formación a que durante esta lexislatura deu a cara para explicarlle aos veciños como estaba a situación real das parcelarias e cales eran os pasos que estaba a dar o goberno autonómico para normalizala situación.

O portavoz popular recordou que a súa formación levou a ver os terreos e a reunirse cos veciños, tanto a Conselleira do Medio Rural, Anxeles Vázquez (14/07/16) coma ao Director Xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois (24/10/17) así como múltiples reunións en cada unha das parroquias.

“Non sei si o señor Mirás crese máis listo que os demais ou que, directamente, cre que os veciños de Oroso non se dan conta das cousas”, dixo Doval, quen concluíu asegurando que o rexedor hai tempo que ten “pouco ou nada que ofrecer para mellorar a vida da xente do Concello”.

Deja una Respuesta