FOTO ALCALDES DIPUTACIÓN

“É moi grave que a Deputación aprobe un plan que diminúe os recursos dos concellos”

O portavoz do grupo provincial do Partido Popular na Deputación da Coruña, Agustín Hernández, cualificou hoxe de “moi grave” que a institución provincial aprobe un Plan Único, o Pos+, que diminuirá os recursos económicos aos concellos.

Tras unha reunión mantida cos trinta e sete alcaldes populares da provincia da Coruña, o portavoz popular tildou de “incomprensible” que “no mellor momento económico da historia da institución provincial” os concello sufran unha diminución nas achegas económicas que recibirán da Deputación da Coruña.

Hernández incidiu en que se trata dun plan que nace “sen consenso” e puxo como exemplo que o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, decidise explicar o proxecto hoxe, nunha reunión cos rexedores “a só dous días de que termine o prazo para presentar alegacións”.

“Presentouse o plan, pero non se acordou con nós, que somos o grupo maioritario do pleno da Deputación”, explicou Hernández, quen subliñou a maioría dos concellos da súa formación perden fondos provinciais respecto ao ano 2016.

Análise estática
Por outra banda, o portavoz dos populares recalcou que a súa formación ten a “obriga e a responsabilidade” de levar a cabo unha análise estática do plan. “Agora mesmo o que a Deputación destina aos concellos é menos que no ano 2016; o que poida vir nun futuro non o coñecemos”, dixo Hernández.

Sobre este asunto, o popular demandou ao goberno provincial “que nos diga si é verdade que haberá un incremento da partida e, sobre todo, que nos explique como o vai a repartir e canto corresponderá a cada municipio”.

Hernández avanzou que, mentres non existan esas “garantías”, a súa formación seguirá dando prioridade aos “datos reais por encima dos ficticios” dun plan que beneficia aos concellos que “non cumpriron as súas obrigas” fronte aos que “si fixeron os deberes” e se atopan nunha situación económica saneada.

Por último, o portavoz popular criticou tamén o Plan Único por entender que “baleira de contido político” á Deputación da Coruña, un obxectivo que buscan outros grupos pero que desde o Partido Popular rexeitan debido ao “factor dinamizador e o motor económico” que debe supoñer a institución provincial.

CORTE AGUSTÍN HERNÁNDEZ

Deja una Respuesta