muros

El PP califica de "despropósito" a xestión do POS+ por parte do Concello

A xestión que dende o goberno de CxG se fixo no POS+ en Muros foi un despropósito de tal calibre que requeriu a convocatoria de dous plenos extraordinarios, dos que se celebrou un, e un ordinario, dúas xuntas de voceiros, das que se celebrou unha e outra que se desconvocou, e unha comisión informativa, nun caso que debe ser único. E todo isto para finalmente presentar unha proposta que finalmente recolle básicamente o que solicitou o Partido Popular de Muros nunha moción o día 17 de xaneiro, na que se propuxo: o acondicionamento do cemiterio municipal da Atalaia; a retirada do palco da praza do Cristo de Tal e acondicionamento do espazo para o seu disfrute polos veciños; a mellora das instalacións do Campo de fútbol Eleuterio Balayo, en particular vestiarios e cantina; a habilitación dun punto de recollida de residuos urbanos na estrada do convento de Louro, onde actualmente están depositados residuos de todo tipo dende o verán; o camiño principal do lugar Torea; a regulación do tráfico e aparcamentos dende a Alameda de Esteiro ata o Artón; a recollida de pluviais da estrada da Igrexa de Abelleira.

A posibilidade de que o concello de Muros perdera estas axudas, por importe de 750.000 euros, foi efectiva e real, xa que a Sra Alfonso estaba disposta a repetir a xestión que o ano pasado levou ao concello a perder o PAI, máis de 200.000 euros, e ante esa posibilidade utilizamos tódalas ferramentas que a lei pon ao noso dispor, presentamos a moción, preguntamos no pleno, presentamos unha proposta na xunta de voceiros, pedimos a celebración dunha comisión informativa, e finalmente, ante a falta de resposta do executivo local, pedimos un pleno extraordinario.

A proposta finalmente presentada, coa que non estamos completamente dacordo, recolle no principal as obras que propoñía o noso grupo: a reforma da praza do Cristo de Tal, a mellora e ampliación do cemiterio da Atalaia de Muros, que xa foran aprobadas en pleno a proposta do grupo popular, e a ampliación dos vestiarios do campo Eleuterio Balayo en Muros, a reordenación, aparcamentos e infraestructuras hidraúlicas na Ribeira do Maio en Esteiro, e a mellora de camiños no lugar de Torea.
Polo campo de fútbol pasan cada semana centos de rapaces, e as instalacións deixan moito que desexar, é de esperar que ademáis desta obra se reparen as goteiras e o sistema eléctrico da cantina, que presenta numerosas deficiencias.
Os problemas que sufre a zona da Ribeira do Maio son de todos coñecidos, con inundacións frecuentes, saída de fecais, e beirarrúas desfeitas. É a zona de acceso á praia principal de Esteiro, e a entrada ao noso concello, con varios locais de hostalería, precisa dunha intervención urxente.
Por fin, a mellora do lugar de Torea ven a solucionar un problema de accesibilidade e “compensar” dalgunha maneira os anos de abandono desta parroquia, poñendo en valor o noso rural.
Queda pendente unha obra que consideramos moi importante, a do Chalón en Muros. Estes días pasados pudemos comprobar a necesidade de acometer unha actuación no Chalón que non se quede no meramente estético e ademáis de rematar os accesos e mellorar a cuberta dos pozos, contemple a creación dunha infraestrutura que faga fronte ás avenidas de auga. Penso que buscar financiamento para esta obra debe ser unha prioridade deste goberno, así como elaborar o proxecto de obra correspondente, e nós dende logo, imos facer o prosible para que se faga máis pronto que tarde.

Na proposta vai tamén un plan complementario no que se inclúen os camiños da Rateira e Vistavós, en Abelleira, que están desfeitos, e o acceso a escola de Louro, tamén en mal estado.
Pago a proveedores 10.681,53 €
Gastos correntes 180.000 €
Mellora e reparación do cemiterio da Atalaia 70.283,74 €
Mellora do camiño no lugar de Torea 111.884,85 €
Mellora das infraestructuras hidraúlicas na Ribeira do Maio 208.714,93 €
Mellora da praza do Cristo de Tal 79.948,78 €
Ampliación vestiarios do campo de fútbol Eleuterio Balayo 59.998,50 €
Préstamos bancarios 78.943,14 €
Plan complementario
Mellora de camiños na Rateira e Vistavós
Mellora do camiño da Agra da Filgueira
103.674,30 €
49.364,66 €

Neste mesmo pleno presentamos unha moción, que resultou aprobada cos votos a favor de PP e Psoe, na que pedimos que a Deputación complemente este Plan único ata igualar ao menos o importe dos plans do ano pasado. Se este acordo se cumple poderá executarse sen problema o plan complementario e incluso abordar algunha outra obra, como a do Chalón.

Deja una Respuesta