FOTO CANIDATURA MUROS

El PP de Muros pide un pleno extraordinario para el tratar el POS

Ante a falta de diálogo do goberno de CxG, e os desplantes aos grupos da oposición, pedimos a celebración dun pleno extraordinario no que tratrar as obras do POS+2017, en concreto, no que se formalizen como acordos do pleno os acadados na xunta de voceiros do 23 de xaneiro. Temos experiencias anteriores de acordos da xunta de voceiros que non se cumpliron por parte do grupo de goberno (seguimento das obras da piscina, plan de dinamización do casco..), polo que consideramos necesario tratar no pleno este tema, con tempo suficiente para chegar a un acordo, temos que recordar que o prazo para presentar as propostas e proxectos ao POS+ remata o 24 de febreiro.

Este é o terceiro intento que facemos para acordar entre todolos grupos as propostas para este programa.

O primeiro foi o 17 de xaneiro, data na que presentamos ao Pleno, para o seu debate e aprobación, unha moción na que pediamos se incluiran no plan POS+2017 da Deputación de A Coruña unha serie de obras.

A moción non foi debatida no Pleno Ordinario correspondente ao mes de xaneiro, nen na Comisión informativa correspondente. Convocouse pola Sra Alcaldesa unha xunta de voceiros, que se celebrou o día 23 de xaneiro, segundo intento, no que fixemos un esforzo de diálogo coas outras forzas políticas da corporación, e na que conseguimos que se estableceran unhas priorizacións de obras, e se acordou facer un seguimento das propostas.

Transcurridos 15 días sen que se nos volvera a convocar para facer o seguimento acordado, e ante o perentorio dos prazos, solicitamos, con data 7 de febreiro, a celebración dunha comisión informativa extraordinaria para tratar este mesmo tema, terceiro intento. Ese mesmo día convocousenos para unha xunta de voceiros a celebrar o día 9 de febreiro, ás 14:30 h, xunta que non se chegou a celebrar, xa que foi desconvocada pola Sra Alcaldesa media hora antes da súa celebración, alegando a súa inutilidade, o que ven a reafirmar a necesidade de que se adopte un acordo polo pleno da corporación.

Dado que o próximo día 24 de febreiro remata o prazo de presentación de propostas ao POS+2017, convocado pola Deputación Provincial de A Coruña, e non se celebrou ningunha comisión informativa na que tratar as obras que se van incluir neste programa, nen a xunta de voceiros prevista, consideramos necesaria a celebración dun pleno extraordinario no que se formalizen os acordos acadados na xunta de voceiros do día 23 de xaneiro.

Deja una Respuesta