File_003

Acusan a Rafael Sisto de bloquear la propuesta del PP para segregar parcelas

A proposta do PP para permitir a segregación de parcelas non foi admitida a trámite en pleno. Esgrimindo como argumento unha cuestión formal, a presidencia da corporación, exercida polo alcalde, non permitiu que saira adiante a proposta do grupo municipal coa que podería terse iniciado o proceso para permitir a división de fincas no concello. Este bloqueo do bipartito perxudica directamente os intereses da veciñanza de Teo, que continuará sen poder segregar as súas parcelas.

O impedimento á segregación de fincas ven determinado polo plan xeral de ordenación urbanística teense. Sen embargo, segundo as informacións recabadas polos populares teenses, a solución técnica para posibilitalo é doada, mediante a creación dun plan especial local como a vía de solución máis rápida, eficaz e factible, tal e como se puxo de manifesto na xuntanza celebrada en datas recentes coa secretaria xeral de Urbanismo.

A pesar das intencións do bipartito de modificar o actual PXOM, técnicamente segue a estar vixente e nel se recolle tanto a prohibición para segregar fincas coma a ferramenta legal que o permitiría, que é a creación dun plan especial.

O bipartito, coñecedor de que a solución pasa por dito plan especial a nivel local, que compete estritamente ao ámbito de xestión municipal, "bota balóns fora, elude responsabilidades e carga contra a Administración autonómica, convidando aos veciños a que recollan firmas en contra da lei do solo”. No canto de tomar en consideración esta posibilidade técnica a proposta polo grupo popular, o bipartito segue a súa folla de ruta marcada pola crispación e a confrontación coa Xunta. “Esta é a súa política: a da confrontación, non a da solución", en palabras do voceiro popular.

A veciñanza de Cacheiras tense posto en contacto cos membros do grupo popular en numerosas ocasións durante os últimos meses, manifestando a súa preocupación pola imposibilidade de realizar segregacións nas súas parcelas. José Manuel Guerra considera este caso "un descarado engano á veciñanza", que o único que agarda é unha rápida solución que lle permita a división das súas parcelas. "Se o goberno de PSOE e ANOVA se tivera posto mans á obra no momento no que iniciaron as demandas dos veciños, os trámites estarían xa moi avanzados".

Deja una Respuesta