IMG_4298

El PP lamenta que a "falta de gestión" de CA repercuta nun baixo investimento

No pleno extraordinario, celebrado esta maña, con motivo da aprobación da Conta Xeral de 2016, o Grupo Municipal do Partido Popular denunciou a “falta de xestión” do Goberno de Compostela Aberta. Neste senso, o concelleiro Manuel Martínez amosou a súa preocupación polo descenso do 40% do investimento por habitante, con respecto a 2015. Do mesmo xeito, incidiu no baixo nivel de execución e puxo como exemplos os programas de medio ambiente, protección do patrimonio, mercados, mellora dos camiños veciñais ou para as instalacións deportivas non acadaron o 50% de execución.

Tal e como incidiu o edil do grupo popular, “non se pode falar de boa xestión deste goberno, nin tan sequera de xestión, porque xestionar non é aprobar o orzamento cinco meses tarde nin ter a finais de ano 22 millóns de euros en caixa cando hai empresas e autónomos cobran fóra de prazo nin incumprir o período medio de pago seis meses nun ano”. O edil popular teno claro: un bo goberno é o que executa o orzamento nun alto porcentaxe, paga aos provedores en tempo e forma e ten un resultado e remanente positivo. Este non é o caso de Compostela Aberta.

Manuel Martínez referiuse ás areas de políticas sociais, emprego, mantemento e equilibrio territorial, os tres grandes eixos nos que o actual goberno articulaba o seu orzamento. Con respecto a políticas sociais, o 24% do orzamento quedou sen executar e o programa Compostela Máis non concedeu nin unha soa axuda social; o 56% da área de emprego non se executou; no eixo do equilibrio territorial, no referente aos camiños veciñais, preto do 77% da partida non se tocou; e en mantemento, dos 3,3 millóns de euros que prometeron investir, tan só se executou un. “Tendo en conta que case a metade do orzamento municipal se corresponde con gastos automáticos –pago de persoal, débedas...-, estamos a falar dunha pésima xestión”, subliñou Manuel Martínez.

Para o edil popular, a Conta Xeral de 2016 tamén pon de manifesto a forma de traballar de Compostela Aberta, caracterizada “pola ausencia total de planificación e coordinación entre departamentos”, así como tamén a súa improvisación e deixamento á hora de tramitar os asuntos, tal e como aparece reflectido no número de urxencias: “No 2016, Compostela Aberta levou 124 urxencias ás xuntas de goberno, mentres que o goberno de Agustín Hernández, de xullo a decembro de 2014, tan só tres”.

Deja una Respuesta