IMG_4298

Charla sobre a Lei de protección e benestar dos animais de compañía

O Partido Popular de Santiago ofrece mañá luns, 6 de marzo, unha charla informativa sobre o anteproxecto de Lei de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia. O encontro, aberto ao público, terá lugar ás 19.30 horas, na sede da agrupación local, na rúa Alfredo Brañas. A directora xeral do Patrimonio Natural, Ana María López, será a encargada de explicar polo miúdo a normativa autonómica. Estará acompañada do presidente do Partido Popular de Santiago, Agustín Hernández.

A norma suporá dar un paso máis na mellora da defensa, benestar e protección dos animais, toda vez que consta a persistencia de maltrato aos animais e polo que se fai necesaria unha resposta contundente desde os poderes públicos a estas condutas reprobables. O obxectivo é garantir que os animais teñan unha vida sa e que estean protexidos.

A problemática do maltrato animal continúa no noso territorio, polo que é preciso combinar a disuasión que supón a imposición de fortes sancións administrativas co exercicio proactivo de sensibilización e concienciación. Terá, neste senso, un papel prioritario a labor educativa e de sensibilización á cidadanía. Esta lei potencia e facilita, tamén, a adopción dos animais abandonados nos centros de recollida e mesmo o seu acollemento temporal.

A norma conta co consenso das principais asociacións protectoras de animais e ecoloxistas, da Federación Galega de Municipios e Provincias e do Consello Galego de Veterinarios.

Deja una Respuesta