da6bb2d0-7ae0-4ff8-b5d3-711ad34c8f8d

Enfado veciñal tras negarse o alcalde a celebrar a misa da festa na carballleira

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Zas, David Gómez, criticou a postura adoptada polo alcalde, Manuel Muíño, de non celebrar a tradicional misa da festa da Carballeira na propia carballeira de Baio, despois da petición levada a cabo polos veciños e tras o compromiso adquirido polas rexedor semanas atrás.

Os populares lamentaron que, unha vez máis, a postura “ditatorial” do señor Muíño impóñase aos desexos da xente de Zas que onte domingo, e coincidindo coa celebración da Festa da Carballeira de Baio, seguía sen entender o cambio de idea do rexedor.

“Polo que sabemos, o alcalde comprometeuse a recuperar unha tradición que se perdeu nos últimos anos, a cal demandaba unha grande parte dos veciños de Baio”, apunta Gómez, quen se comprometeu a trasladar ao próximo pleno unha pregunta para que o rexedor aclare os motivos desta negativa.

Neste sentido, o portavoz dos populares censurou que o alcalde volvese a demostrar o seu carácter “pouco democrático”, e asegurou que, dende que o concello conseguise a propiedade da carballeira, o rexedor “cree que pode facer nela o que lle dá a gana, aínda que iso signifique ir contra os desexos dos veciños de Zas”.

Plan medioambiental

Noutra orde de cousas, pero tamén en referencia á carballeira de Baio, os populares lembraron que hai un ano que o goberno local comprometeuse a elaborar un plan ambiental para esta zona, un feito que, a día de hoxe, segue sen levarse a cabo.

“Despois de toda a polémica que se xerou pola adquisición dos terreos, e tras xustificar o alcalde a compra polo mal estado de conservación no que se atopaban, o señor Muiño asegurou que elaboraría un plan ambiental para mellorar a carballeira, seguimos esperando, como sucede con outras moitas promesas que fai o rexedor”, concluíu o popular quen sinalou que a día de hoxe non se fixo absolutamente nada por mellorar o entorno da Carballeira. Como sinalou o propio alcalde no último pleno "non tivemos tempo de realizar ningún tipo de actuación neste asunto".

Deja una Respuesta