2018-10-03 DERRUBO RUA ROLANS 003

Esixen a Noriega que derrube unha vivenda na Volta de Castro

O Grupo Municipal Popular levará ao vindeiro Pleno ordinario un rogo no que se solicita ao Goberno de Compostela Aberta que se leve a cabo o derrube dunha vivenda que se atopa en ruínas na rúa dos Roláns, na zona de Volta de Castro, concretamente, na confluencia coa rúa das Arribadas e a Travesa de Conxo de Arriba. Con estes traballos, xa programados e comprometidos por parte do Goberno de Martiño Noriega e que seguen sen facerse, completaríanse as tarefas acometidas o pasado ano e poderíase proceder á mellora ambiental desta área de Santiago.

Cabe lembrar que, unha das primeiras iniciativas promovidas polo Grupo Municipal Popular no presente mandato, foi a presentación dun rogo dirixido ao Executivo local no que se solicitaba que, “a través dos departamentos de Servizos Sociais e de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, se actúase para resolver os problemas detectados na zona da rúa dos Roláns”.

Neste momento, os Populares denuncian que “estamos ante un novo exemplo da política de Compostela Aberta de deixar pasar o tempo” e vai alá máis dun ano desde que o Goberno local acordara o desaloxo das persoas que habitaban os inmobles e a demolición das tres casas contiguas habitualmente ocupadas, onde se concentraban as queixas veciñais, concretamente as situadas nos números 4, 6 e 8 desta rúa.

En xuño de 2017, iniciáronse as tarefas de demolición de forma subsidiaria por non ter atendido a propiedade as ordes de derrubo acordadas con anterioridade. Dita actuación, sen embargo, limitouse unicamente a dúas vivendas, quedando sen executar ata o día de hoxe o derrubo da que fai esquina coa rúa das Arribadas e a Travesía de Conxo de Arriba. No terreo que ocupa esa vivenda mantense acumulada unha gran cantidade de lixo, con restos de electrodomésticos e con abundante maleza que mesmo alcanza a beirarrúa das Arribadas, tal e como vén denunciando desde hai tempo a veciñanza e como se pode apreciar nas imaxes que se acompañan. Antecedentes Cabe lembrar que, unha das primeiras iniciativas promovidas polo Grupo Municipal Popular no presente mandato, foi a presentación dun rogo dirixido ao Executivo local no que se solicitaba que, “a través dos departamentos de Servizos Sociais e de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, se actúase para resolver os problemas detectados na zona da rúa dos Roláns.” A solicitude que propoñía o Grupo que dirixe Agustín Hernández, viña motivada polo deterioro da vida cotiá na zona de Volta do Castro, orixinada pola ocupación de vivendas baleiras nun espazo pendente dun desenvolvemento urbano programado no seu día. Na iniciativa do Partido Popular, aludíase á variada problemática que se derivaba dunha situación que poñía en risco, non só a convivencia no conxunto do ámbito, senón mesmo a integridade das persoas que de forma irregular alí habitaban.

Deja una Respuesta