Fochanca

Esixen o completo asfaltado da pista que vai desde O Cachopal a Cas

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Oroso, Alexander Doval, anunciou hoxe que a súa formación presentou o pasado venres un escrito no rexistro municipal no que esixe ao executivo local que leve a cabo os traballos que permitan rematar de asfaltar a pista que vai desde Cachopal a Cas.

Os populares denunciaron que o goberno local deixou algo menos dun quilómetro, dende a Igrexa de San Mamede dos Ánxeles ata a última aldea do municipio, Cas, xusto antes de comezar o concello de O Pino, sen asfaltar.

“Non ten sentido que os traballos non inclúan este escaso último quilómetro, dá a sensación de que, como está lindeira con outro municipio, o alcalde déixao sen facer a propósito”, lamentou Doval, quen lembrou que “todos os veciños teñen os mesmos dereitos, aínda que xa sabemos que ao señor Mirás gústalle as diferenzas entre ‘os de primeira e os de segunda, menos á hora de cobrarlles os recibos do IBI, lixo....’”.

Así mesmo, os populares de Oroso recolleron no seu escrito os problemas que pode ocasionar o feito de que as bocas de recollida de augas pluviais sexan tan fondas, e aproveitaron para reclamar o Concello que busque unha solución a este tema no tramo xa arranxado.

Deja una Respuesta