image

Esixen "menos triunfalismo e máis traballo" no proxectoproxecto do Conxo

O portavoz do Grupo Municipal Popular, Agustín Hernández, considera decepcionante o “optimismo” do Goberno local ao tratar de vender como proxecto de humanización da superficie do túnel de Conxo o que en realidade son “catro simples planos”. “O que temos agora -engadiu- é un proxecto de mínimos que é unha auténtica tomadura de pelo”, indicou Agustín Hernández, que acusa a Compostela Aberta de intentar enganar aos veciños.

Para o voceiro popular, o documento remitido esta mañá polo Goberno local aos grupos da oposición supón “dar un paso atrás e volver ao proxecto inicial sen incluír ningunha das propostas veciñais”. “É inaceptable -engadiu-, escaso e que non responde ás necesidades demandadas”, xa que unicamente se recolle que se tape o burato central cun xardín. Agustín Hernández bota en falta unha maior implicación do concello nas obras de Conxo e denuncia o seu pasotismo na defensa dos intereses de Santiago.

O voceiro popular insta a Compostela Aberta a “menos triunfalismos e máis traballo” e a que “pelexe ata o último minuto para que a actuación recolla as peticións dos veciños”. Neste senso, considera que o grupo de goberno debería conseguir o máximo compromiso do ministerio de Fomento, co fin de que a actuación recolla as demandas veciñais, e a buscar outras vías de colaboración, por exemplo, coa Deputación da Coruña.

Deja una Respuesta