muros

Esixen o cumprimento dos acordos plenarios en relación co casco histórico de Muros

No pleno celebrado o día 28 de xullo acordouse a execución CON CARÁCTER INMEDIATO dunha serie de medidas, previas á elaboración e aprobación dun plan de dinamización económica do casco. O obxectivo que se perseguía era que no que restaba de verán, o mes de agosto básicamente, os establecementos comerciais e de servizos situados nas rúas de arriba puderan beneficiarse da aplicación destas medidas. A data de hoxe, prácticamente rematado o mes de agosto, non se executou ningunha das medidas acordadas: non se recolleu o cableado da rúa Príncipe, non se acondicionou a praza de Galicia, non se instalaron os postos do mercadillo na súa ubicación orixinal, non se elaborou ningunha campaña informativa, …

O goberno local de CxG pretende dar cumplimento a este acordo cedendo o edificio do mercado para que as asociacións organicen actividades. Alegrámonos de que as asociacións organicen eventos no mercado, pero darlle un uso ao edificio non era o obxectivo nen a finalidade do acordo plenario adoptado.

A actividade económica no casco histórico de Muros esta pasando por un momento difícil, que se traduce no peche de establecementos e na baixa rendabilidade dos que se manteñen. Mención especial merece a situación do Mercado de Abastos, no que quedan tres establecementos abertos, e que día a día vai esmorecendo.

O goberno local, coas medidas adoptadas en relación co mercadillo, contribúe a que esta situación se agrave, declarándose incapaz de poñerlle remedio. Por iso reclamamos a execución do acordo adoptado, que preveía a execución dunha serie de medidas de xeito inmediato e a creación dunha comisión na que participaran os establecementos afectados para tratar, entre todos, de darlle un pulo ao casco de Muros.

As medidas acordadas foron as seguintes:

- Supresión dos bolardos e dos bancos unipersoais da Praza de Galicia, habilitación de espazo para carga e descarga na praza e arredores, con horario e estacionamento limitado.
- Elaboración de campañas publicitarias que conviden a residentes e visitantes a mercar no Casco Histórico e na Praza de Abastos.
- Que na programación de actividades durante o ano se teñan en conta os espazos da denominada rúa de arriba, e se inclúan actuacións de ocio que atraian público cara a esta zona.
- Que se fixe como un obxectivo reorganizar os postos do mercado ambulante nas rúas Real e Axesta.
- A constitución dunha mesa sectorial que se encargue de elaborar un programa de dinamización do Casco Histórico de Muros, na que estean representados comerciantes e outros sectores da poboación afectada.
-Que se proceda á recollida do cableado “colgado” na rúa que vai dende a rúa Real á praza da Pescadería, e se dote de papeleiras a zona.”
-Creación dunha comisión informativa específica para a elaboración e seguimento do plan.
-Que antedita Comisión teña un periodicidade mensual.

Deja una Respuesta