20160913_Feijóo_Narón_002

Feijóo: “podo falar do que farei ao día seguinte das eleccións, outros repetirían o bloqueo"

O Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou esta tarde en Narón que “podo falar do que farei ao día seguinte das eleccións, mentres que a oposición evita falar de pactos porque repetirían en Galicia o bloqueo que vive España”. “Eu podo garantir unha Galicia sen divisións, con pluralidade e na que todos se sintan libres para sentila, falala e vivila ao seu xeito, con independencia da súa ideoloxía e pensamento”, afirmou.

Feijóo referiuse ao debate celebrado onte na CRTVG e asegurou terse sentido “moi ben, cómodo e a gusto”. “Isto pode resultar chocante posto que aquilo consistiu nun catro contra un, pero a realidade fóra do plató de televisión é moi diferente porque non é un un contra catro, senón que me sinto a carón dunha inmensa maioría dos galegos”.

FEITOS QUE AVALAN
“Eles son máis partidos e máis candidatos, pero representan a menos galegas e galegos”, ademais de que “están divididos porque non teñen un proxecto en común”, salientou. Neste punto, engadiu que “non queren falar de pactos porque só teñen en común presentarse contra Feijóo e o resultado da súa suma sería un bloqueo e unha parálise como a de España”.

Así mesmo, indicou que “eles teñen que falar de Feijóo e eu podo falar do que faremos ao día seguinte das eleccións, porque teño feitos que o avalan, porque só me debo a Galicia e porque só me deberei ás galegas e galegos”.

ACADAR METAS TODOS XUNTOS
O Presidente do PPdeG sinalou que “podo expresarme coa comodidade de ter unha grande maioría de galegos detrás, que prefiren a unidade, a responsabilidade e a estabilidade; que defenden a seriedade, o rigor e o afán construtivo; e que se esforzan porque todos xuntos academos feitos e non quedemos só en meras palabras”.

“Eu teño en común cunha grande maioría de galegas e galegos o máis importante: Galicia”, subliñou Feijóo, quen engadiu que con ese respaldo “podo garantir que seguiremos acadando metas todos xuntos, gobernando para todos os galegos pero non debéndome ás condicións que me impoña unha minoría política”.

SEGUIR SENDO UNHA EXCEPCIÓN
Durante a súa intervención, Feijóo tamén sinalou que merece a pena que Galicia siga sendo unha excepción para seguir crecendo e creando emprego; para seguir cumprindo cos deberes ao tempo que se inviste máis en comunicacións, servizos públicos e en futuro; e para que os investidores sigan confiando na comunidade.

Deste modo, o líder dos populares de Galicia fixo fincapé en que todos os galegos compartimos uns obxectivos comúns, que son contar con máis benestar e máis progreso para o país, feitos que entre todos acadamos estes anos pero nos que cómpre aínda afondar e están no programa do PPdeG.

Deja una Respuesta