Feijóo clausura a xunta directiva do PPdeG

XVI CONGRESO DEL PPDEG

MODELO AVAL CANDIDATURA

Aval candidatura

CONVOCATORIA CONGRESO

CONVOCATORIA DE ASAMBLEAS PARA ELEGIR COMPROMISARIOS

Regulamento XVI Congreso Autonómico

CRONOGRAMA XVI CONGRESO PPdeG

COMPROMISARIOS CORUÑA CONGRESO PPDEG

 

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que volverá presentar a súa candidatura á Presidencia do partido porque “cando unha das opcións que da a vida é Galicia, non existen as outras”. “Estou na política porque creo nela, creo no meu partido, creo en xente como Mariano Rajoy e creo no servizo público, por iso, póñome a disposición do meu partido primeiro e, se os compañeiros así o queren, do conxunto dos galegos despois”, afirmou o mandatario.

Ante a Xunta Directiva do PPdeG, que aprobou a convocatoria do XVI Congreso Autonómico, Feijóo trasladou que concorrerá a este coa mesma ilusión que cando o fixo por primeira vez hai dez anos, coa experiencia de todo este tempo e coa forza necesaria para dalo todo polo seu partido e por Galicia. “Porque creo que o noso proxecto é o que máis convén a Galicia e porque creo que Galicia está por riba de todo. E non son eu, senón que son as galegas e os galegos os que teñen que elixir”, manifestou.

Así mesmo, o dirixente dixo que, despois de dez anos no PPdeG e sete na Xunta “podo mirar aos ollos a cada unha das persoas ás que me debo”, en referencia a todo os afiliados do partido e á cidadanía galega en xeral.

Aínda que trasladou que é normal que xurdan as preguntas sobre se a política merece a pena e sobre o que un pode ofrecer ao seu partido e ao seu país, Feijóo asegurou que todas elas sempre concordaron ao longo da súa vida na mesma resposta, que é Galicia. “Sempre que tiven a honra e a oportunidade de elixir na miña vida, sempre escollín Galicia”, aseverou, e engadiu que “ante Galicia, calquera outra opción, calquera outra posibilidade faise minúscula e secundaria”.

Pese a que a política ben entendida obriga a renuncias persoais e trae sensabores, Feijóo engadiu que merece a pena cando un sente a responsabilidade do servizo público e ama ao seu país. “Merece a pena por todas as persoas ás que un se debe”, resolveu, e asegurou que iso se impón a outros sucesos que fan que moitas persoas non teñan esperanza na política e tamén provocan desencanto nos que cren nela.

“Parece que ter traxectoria de servizo público é aproveitarse da política pero se saes da política é para aproveitarte do teu paso por ela. Parece que a experiencia é un lastre en lugar de ser un valor a ter en conta. Parece máis efectivo frivolizar cunha frase que tomarse as cousas en serio e con rigor. Parece que é necesario odiar ao adversario, ser rancoroso con quen pensa diferente, poñerse barreiras e establecer vetos persoais”, dixo o presidente, e, fronte a iso, reivindicou a auténtica política na que un busca solucións aos problemas e non aproveitarse deles, puntos de encontro para non enredarse na diferenza dun país unido e non dividir a sociedade por interese, e na que poden confiar os galegos que aínda están a espera de máis solucións.

“Esa é a política que eu quero para Galicia e na que eu creo”, proclamou, e mostrouse convencido de que ese xeito de entendela permitiu dotar a España de garantías constitucionais, construír a Autonomía e axudar a crear máis oportunidades nestes últimos anos de crise económica.

Precisamente respecto a isto, Feijóo considerou unha honra que os galegos lle deran a confianza nos seus momentos máis difíciles e garantiu que non tería escollido un máis sinxelo. Neste senso, indicou que en Galicia hoxe hai máis esperanza, máis oportunidades e máis futuro e, onde antes había número vermellos, agora hai unha economía que crece; onde antes había crecemento do desemprego, agora hai baixada sostida de paro; e onde antes había risco de quebra, agora hai servizos públicos sostibles para os galegos de hoxe e os de mañá.

Malia que recoñeceu que hoxe tampouco son tempos fáciles, Feijóo rememorou a situación na que se atopaba cando asumiu a Presidencia do PPdeG e constatou que hoxe conta cos mesmos vimbios que lle permitiron lograr a confianza maioritaria dos galegos nas primeiras autonómicas ás que concorreu.

Entre eles, citou a unidade e a renovación do partido para abrirse a unha sociedade que evoluciona, así como a humildade para recoñecer erros e tentar mellorar constantemente. Igualmente, tamén recordou que o partido se mantivo fiel aos seus principios, non empregou a ideoloxía como barreira e sempre amosou o orgullo de ser galegos e españois. “Así gañamos. Así gañou o partido. E así saíu gañando Galicia”, resumiu e, posto que esa actitude segue vixente, mostrouse convencido de que “poderemos volver a gañar”.

Precisamente, Feijóo referiuse ao lema co que se presentou á Presidencia do PPdeG por primeira vez en 2006 -sumar, seguir e gañar— porque, na súa opinión, esa foi a clave do éxito do partido tanto a nivel interno como nos procesos electorais posteriores.  “Sumamos, seguimos e gañamos”, resumiu en referencia ao primeiro conclave que o elixiu presidente dos populares galegos, e asegurou que o mérito dos anos seguintes non foi seu, senón “de todo un partido que se puxo a punto namentres os outros quedaron atrapados no pasado”. Igualmente, atribuíu á motivación, ás ganas e á mobilización de todo o PPdeG as vitorias electorais de 2009 e 2012.

Con todo, en clave persoal, concluíu que nunca lle poderá devolver ao partido a súa confianza nin á maioría dos galegos a maior honra da súa vida que é presidir Galicia. “Non hai maior honra que servir Galicia”, reiterou, e insistiu en que “nada que poida ter feito antes –porque isto non é para toda a vida— nin nada que poida facer despois será minimamente comparable”.

 

 

Deja una Respuesta