TEO GUERRA

GUERRA CONSIDERA QUE O DEBATE DA FUSIÓN É UNHA OPERACIÓN SERVILISMO POLÍTICO

O recén estrenado debate sobre a fusión de Teo con Santiago é a última ocurrencia do alcalde, Rafael Sisto, e una calculada manobra política para pechar a pegada producida na opinión pública pola subida do IBI. Asemade, pretende “tapar" a comparecencia que dará mañá no pleno e as manifestacións dos traballadores do Concello. Pero o que é aínda máis grave, é una operación de servilismo político, que o grupo municipal popular rexeita. José Manuel Guerra négase a que Teo sexa o barrio pobre de Santiago e insta ao alcalde a que deixe de lanzar "globos-sonda" e se poña a solucionar os problemas dos veciños e veciñas que no que vai de lexislatura tan só viron subir os seus impostos. "Se Martiño quere seguir gobernando Teo, afirma Guerra, que non marchara para Santiago".

Consciente da repercusión social que está a ter a subida do 25% do IBI en Teo de mans do goberno bipartito Anova-PSOE, o alcalde busca desviar a atención coa fusión entre Teo e Santiago. Outra explicación non é posible considerando que na pasada lexislatura as políticas de Anova ían xusto na dirección oposta e, de facto, Teo abandoou a Área de Santiago por decisión de Noriega en 2014. "O señor Sisto suma un cúmulo de traspés e precisa pasar páxina desesperadamente. O aumento de cargos no Concello e a suba do IBI tiveron unha forte contestación social, ao que hai que sumarlle a perda de subvencións por erros graves de xestión; ademáis, hoxe volveron manifestarse os traballadores do Concello e mañá terá que comparecer en pleno por petición do PP. É un escenario incómodo do que necesita fuxir canto antes".

Cando José Manuel Guerra falaba de aunar esforzos mancomunando servizos con propostas exhaustivas e de contrastado beneficio para a veciñanza, para os demáis "o PP soamente propoñía disparates ao servizo da economía e a costa da identidade do pobo". Agora, que o proxecto de fusión de Anova se basea nun servilismo político de Teo a Santiago propiciado para convertir ao noso concello no barrio pobre compostelán, todo se ve de cor de rosa. "Cremos en Teo. Defendemos Teo. Nós estamos a favor de calquera proxecto que traia beneficios para os veciños aunando servizos. Pero non do servilismo político", remarcaba Guerra.

Deja una Respuesta