FullSizeRender (2)

Guerra informa das sus propostas aprobadas no pleno para rebaixar o IBI agrario

O portavoz do grupo municipal popular, José Manuel Guerra, mantivo a última hora de onte unha xuntanza cun grupo de veciños  de varias parroquias deTeo para dar conta das propostas populares aprobadas no último pleno, como continuidade aos encontros iniciados hai dúas semanas ao obxecto de canalizar a indignación xeralizada pola regulación do catastro e o incremento do tipo de gravame do IBI.

Neste contexto, a veciñanza valorou a proposta defendida polo grupo popular e aprobada na sesión plenaria para a baixada do gravame do IBI das explotacións agrarias e gandeiras cun coeficiente de tributación sobre o valor catastral do 0,3% (fronte ao anterior 0,33%). Esta medida, segundo se explicou onte no encontro veciñal, foi defendida polo PP para “paliar as consecuencias da regularización catastral sobre o medio rural, que é o máis perxudicado  no proceso”.

Asemade, o grupo popular informou á veciñanza da presentación doutras dúas propostas dirixidas ao Goberno central. Trátase  dunha exención da taxa de 60€ a futuro e a devolución das xa ingresadas nos supostos que afecten a construcións indispensables para o desenvolvemento de explotacións agrícolas, gandeiras ou forestais situadas en solo rústico e do establecemento da máxima bonificación permitida do 95% da cota íntegra do IBI para as construcións indispensables para o desenvolvemento deste tipo de explotacións.

José Manuel Guerra explicou que con estas demandas dirixidas ao Ministerio de Facenda o grupo popular amosa “a importancia que teñen para nós os intereses da veciñanza de Teo sobre posibles criterios partidistas, a diferenza doutros grupos políticos que actúan con deslealdade á veciñanza”. O portavoz popular referíase con estas verbas á actitude do alcalde que,  coñecendo que ía producirse o proceso de regularización, decidiu aumentar o tipo de gravamen do IBI do 0,44% ao 0,55%, ocasionando con esta decisión unha dobre penalización económica.

Os membros do grupo municipal popular explicaron no encontro que se trata dunha manobra política desleal e calculada de Anova e do PSOE, “que resultan así cómplices desta dobre suba que tanto dano fai ás economías familiares de Teo”, en palabras de Guerra.

Deja una Respuesta