IMG_1524 (1)

Guerra pide la ampliación de la DP-8201

José Manuel Guerra, considerando a prioridade de mellorar a DP-8201, ven de sumar o apoio político de Agustín Hernández, portavoz do grupo popular na Deputación da Coruña, quen ten elevado unha solicitude neste senso ao pleno da corporación provincial.

Hernández, despois de coñecer de primeira man o estado da estrada nunha recente visita acompañado polo portavoz popular de Teo, trasladou ao pleno da Deputación a necesidade de poñer en marcha un proxecto para a ampliación da estrada DP-8201 ao seu paso polo municipio de Teo. En concreto, a mellora afectaría ao tramo entre a rotonda da autovía en O Piro (Oza) ata Campos (Teo) e no punto que enlaza coa estrada AC-241 (Ponte Ulla-Pontevea).

Guerra e Hernández coinciden en defender a “urxencia” dunha actuación que, na súa opinión, garantiría a seguridade viaria desta zona que, a día de hoxe, vese “moi reducida” en determinados puntos dos 4,6 quilómetros que ten a estrada. A coación disto, hai que lembrar un recente accidente dun autobús escolar provocado polo estreitamento da calzada.

Demanda histórica dunha vía de gran servizo

Esta vía é un eixo vertebrador das parroquias do sur do Concello, zona especialmente abandonada polo bipartito en Teo. E a súa mellora é unha demanda histórica dos populares teenses, tendo en conta que a DP-8201 é unha das vías máis transitadas do municipio, dando servizo a unha poboación de máis de 2.000 veciños de cinco parroquias, Oza, Vilariño, Santa María de Teo, Bamonde e Lucí.

Pero máis aló de vertebrar o sur do municipio, José Manuel Guerra engade outro factor relevante desta estrada, determinado por ser a infraestrutura que conecta co municipio de Vedra.

Por todo iso, o grupo popular, tanto a nivel local coma provincial, confía en que ambas administracións teñan a “sensibilidade suficiente” para poñer solución a este problema

Deja una Respuesta