IMG_3891

Guerra reitera a demanda histórica do saneamento nas Galanas

Un grupo de casas en As Galanas segue sen poseer rede de saneamento. Dende o inicio da pasada lexislatura, o Partido Popular vén de demandar a execución dunha obra que nunca chega. Un grupo de, aproximadamente, vinte casas, veríanse beneficiadas dunha obra de sinxela execución.

A preocupación do bipartito polo saneamento no municipio segue a ser o mesmo que o do goberno de Noriega: nula. Dende o inicio da presente lexislatura o Grupo Popular está a alertar do deficitario estado da rede, esixindo unha nova planificación que nunca chega. Un ano despois da formación do novo goberno, non se executou unha soa obra importante de saneamento. O líder do PP insiste, preocupado: “non hai un plan saneamento que afecte de forma xeral ao concello, unha demanda histórica do Partido Popular dende os pasados gobernos de Noriega". A indolencia segue a ser unha constante inadmisible.
O Grupo Popular esixe unha inmediata solución e segue a agardar que o Concello aborde dunha vez un plan de saneamento e abastecemento para Teo no que se indiquen as medidas imprescindibles a tomar neste eido, en ausencia dunha planificación municipal.

Deja una Respuesta