RUEDA DE PRENSA HERMINA POUSO-RAMÓN SANTOS

Herminia Pouso: “O compromiso do goberno da Xunta co Barbanza é claro, medible e cuantificable”

A deputada autonómica Herminia Pouso asegurou esta mañá que o compromiso do goberno da Xunta coa comarca do Barbanza durante o último mandato é "claro, medible e cuantificable", un esforzo que, na súa opinión, permitiu "transformar" a comarca a nivel económico e social.

Acompañado polo tamén deputado autonómico Ramón Santos, Pouso defendeu que, pese ao complicado momento económico que viviu Galicia no últimos catro anos, cunha redución do orzamento de 2.000 millóns en cada exercicio, o goberno da Xunta levou a cabo "importantes investimentos" en materia de infraestruturas viarias, portuarias e ambientais.

"A Xunta mostrou unha gran sensibilidade co sector marítimo, pesqueiro e coa depuración de augas de toda a comarca", declarou Pouso, quen destacou que, grazas a este compromiso, puidéronse "consolidar" moitos postos de traballos en todos os concellos.

Sobre este asunto, Pouso puxo sobre a mesa as actuacións na lonxa de Ribeira ou na depuración de augas das rías, un feito que, a deputada cualificou de "fundamental" para todos os sectores económicos.

Servizos sociais
Por outra banda, Pouso tamén fixo fincapé no incremento das prazas de gardería no concello de Ribeira e nos novos ciclos formativos que se instauraron na comarca e que están relacionados cos sectores industriais que imperan na zona.

Sobre este asunto, a deputada fixo fincapé na forte aposta do goberno de Feijóo polo fomento da natalidade e da conciliación familiar. Deste xeito, destacou o incremento dun 76% das prazas de escolas infantís financiadas con fondos públicos dende o ano 2009, así como a existencia das mellores deducións fiscais por fillo de todo o Estado ou as medidas de conciliación aprobadas para os empregados públicos: aumento en dúas semanas dás baixas laborais por fillo e instauración da xornada flexible.

No referente á atención sanitaria e social, Pouso destacou os 26 centros de saúde creados nestes oito anos, así como a aposta do goberno de Feijóo polo envellecemento activo, que o ten levado a duplicar os usuarios de teleasistencia, a duplicar as prazas de centros de día e a pasar de 2.700 a case 12.000 usuarios do servizo de axuda non fogar.

Goberno sensible e implicado
Pola súa banda, Ramón Santos, que destacou a importancia do corredor Brión-Noia para achegar a comarca a Santiago, defendeu que o goberno de Alberto Núñez Feijóo mostrou a súa "sensibilidade e implicación" con todo o Barbanza.

Ademais, o deputado subliñou a baixada de impostos autonómicos que, na súa opinión, permitiu "devolver o esforzo realizado por todos os galegos agora que a economía empézase a recuperar".

Por último, ambos deputados insistiron na "necesidade" de que Galicia siga "capitaneada" por un goberno "estable, sólido e moderado" como o que tivo na última lexislatura para poder continuar como unha comunidade que se destacou pola súa "gran xestión".

Deja una Respuesta