foto agustin

Hernández critica que o novo regulamento orgánico da Deputación supón un agravio para os populares

O portavoz do grupo provincial do Partido Popular na Deputación da Coruña, Agustín Hernández, criticou hoxe que o novo regulamento orgnánico da institución provincial por “non axustarse a dereito, atacar á equidade entre grupos e supor un agravio comparativo para a súa formación”.
En rolda de prensa, Hernández comezou facendo fincapé en que, en primeiro lugar, o novo téxto regulativo concede categoría de grupo a deputados individuais como sucede nos casos de Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños. Un feito que, para o popular, supón unha “auténtica contradición”, tendo en conta que, como ben indica a definición de grupo, este debe estar composto por “un conxunto de persoas que teñen algunha característica en común”.

“Grupo e unidade non casan en ningún sitio”, asegurou Hernández, quen puxo sobre a mesa que a súa formación defende a idea de que os grupos políticos deben estar compostos, polo menos, por tres integrantes, e deixou a porta aberta á posibilidade de que sexan dous si se trata de deputados de diferentes partidos xudiciais para, na súa opinión, defender a “idea de provincia” que debe rexer a Deputación.

Concello de Concellos
Por outra banda, o portavoz dos ppulares referiuse tamén á necesidade de que o novo regulamento orgánico tome como base os árticulos 74.4 e 74,5 de Lei de Administración Local de Galicia, na que se establece que as formacións que non obtivesen un mínimo de dous escanos deberán quedar integrados dentro do grupo mixto.

“Somos conscientes de que se trata dunha lei para aplicar no funcionamento dos municipios, pero creo que podería terse en conta neste caso porque sempre defendemos que a Deputación é o concello dos concellos”, subliñou Hernández.

Así mesmo, o popular seguiu argumentado a súa crítica ao novo texto orgánico indicando que supón un “agravio económico” para a súa formación. Sobre este punto, Hernández explicou que tanto o deputado de Compostela Aberta como o de Alternativa dos Veciños reciben ata cinco veces máis fondos que calquera do trece deputados populares.

“Non estamos a pedir, nin moito menos, máis diñeiro. Simplemente estamos a poñer de manifesto que se tratada dunha medida que non é equitativa e que, por tanto, creemos que hai que variar”, indicou.
Retirada de pleno

Por último, Hernández criticou que o goberno provicial non atendese a petición da súa formación para retirar da orde do día a aprobación deste regulamento para poder lograr o consenso e que, minutos antes de comezar a sesión, o presidente, Valentín González Formoso, convocase de urxencia aos diferentes portavoces para comunicarlles que non se procedería á votación do texto ao non contar coa maioría absoluta (16 deputados) para a súa aprobación pola ausencia de tres integrantes do seu goberno que estaban de baixa.

“Parécenos unha auténtica falta de respecto ao noso grupo que a nós se nos negue esa posibilidade e que máis tarde se tome esta decisión. Creo que estamos ante unha chapuza máis por parte do goberno provincial”, concluíu Hernández.

Deja una Respuesta