foto agustin

Hernández destaca o carácter social duns orzamentos feitos para as personas

O responsable do Grupo Municipal Popular, Agustín Hernández, destacou hoxe, en rolda de prensa, a súa satisfacción por uns orzamentos de marcado carácter social, “froito dun traballo intenso que traslada aos cidadáns do noso pais a realidade económica que vai superando unha crise que padecemos durante moitísimo anos”, polo que espera que saian adiantes antes do vindeiro verán.

Hernández, que estivo acompañado pola deputada Marta González, concretou que estas contas “inciden nos colectivos que o están a pasar peor, como os pensionistas que permitirán incrementar o 3 % as pensións máis baixas e o 2% as de viudedade”, cantidades que se mellorarán con beneficios na tributación do IRPF.

Para Agustín Hernández, tamén resulta destacable a mellora que se levará a cabo en financiación autonómica o que permitiralles dispoñer de máis recursos para atender as súas necesidades orzamentarias.

En relación á función pública, o responsable do Grupo Municipal Popular concretou que grazas a estas contas “os traballadores verán incrementadas as súas retribucións e xa será unha realidade a equiparación salarial das forzas de seguridade do Estado”.

“Trátanse de medidas de carácter xeral que `permitirán trasladar aos cidadáns a melloría da situación económica do país”, explicou.

Finalmente, Hernández amosouse satisfeito coas cantidades destinadas á cidade de Santiago de Compostela, sobre todo, as derivadas á depuradora, “xa que deixa constancia que fronte as vacilacións e mentiras do señor Noriega e do seu equipo de Goberno, que estivo tres anos sen saber que facer coa depuradora e que agora pretende adicar o derradeiro ano a un lío permanente, o Goberno de España pon enriba da mesa é un crédito importante, por riba dos 2 millóns de euros no ano 2018 para iniciar a execución da depuradora e resolver maior problema medio ambiental da capital de Galicia”.

Pola súa banda, Marta González quixo subliñar o esforzo inversor que levará a cabo en Compostela o Ministerio de Fomento, que asina un fondo compromiso coa continuación da autovía de Lugo, nos treitos correspondentes á provincia da Coruña, sobre todo, o último no que se investirán 17 millóns de euros e que suporá alonxar o tráfico do Camiño Francés.

Tamén destacou os investimentos nos concellos de Ordes, Padrón e Oroso e os 13 millóns de euros na estación intermodal de Santiago; sen esquecer os 4 millóns de euros na instalación do sistema de Ertms na vía entre Santiago e A Coruña e os 6,9 do aeroporto de Santiago, entre outros moitos incvestimentos.

Deja una Respuesta