20160114 Agustín Hernández 2

Hernández insta ao cocello a que mellore varias vías de O Romaño

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Agustín Hernández, visitou esta mañá a zona do Romaño para recoller as demandas dos veciños e para darlles traslado da iniciativa que os populares trasladarán ao vindeiro pleno e que solicita que se licite de novo e á maior brevidade posible a contratación do proxecto que inclúe o saneamento en Ponte Romaño, na estrada principal Santiago – Santa Comba; a pavimentación da pista Catalina; o remate da mellora da pista do Ameneiral; a reposición do pavimento das rúas da Fonte de Lermo e Travesa de Lermo e a mellora do viario das Casas da Horta, que parte da estrada xeral en Vista Alegre e chega ata o lugar do Monte, na caída do Monte Pedroso.

O voceiro popular explicou que foi o actual equipo de goberno, o pasado 27 de novembro, paralizaba este proxecto co acordo na Xunta de Goberno local de desistir o procedemento de licitación –iniciado polo Goberno do Partido Popular-, aludindo a cuestións relativas coa Lei de Accesibilidade. Para Agustín Hernández, “o goberno unicamente está utilizando un pretexto para non impulsar un proxecto imprescindible para O Romaño”. “Non está xustificada a paralización –continuou-, xa que unha das razóns deste proxecto é a de mellorar a accesibilidade”. Nesta liña, o representante popular explicou que a Lei de Accesibilidade deixa claro que, cando se trata dunha actuación de reurbanización como é o caso, é posible facer proxectos desta natureza.

Tendo en conta que as necesidades que deron lugar a este proxecto persisten e que as citadas actuacións contaban coa previsión orzamentaria (105.199 euros) para a súa execución, o grupo popular propón, mediante unha proposición, que o Goberno local volva a licitar este proxecto. “É un conxunto de melloras que veñen a resolver importantes carencias en materia de accesibilidade, saneamento, de urbanización e de seguridade viaria, dando así resposta ás demandas formuladas polos veciños da zona”, destacou.

O voceiro popular estivo acompañado de representantes da Asociación de Veciños de Pontepedriña de Arriba - San Xoán de Afora.

Deja una Respuesta