IMG_1174

Hernández presenta conversas no Camiño unha campaña para escoitar aos veciños

O portavoz do Grupo Municipal Popular, Agustín Hernández, presentou esta mañá ‘Conversas no Camiño’, unha iniciativa que o levará por todos os barrios e parroquias para “conversar cara a cara cos veciños” e recoller así as súas demandas e propostas. Esta rolda de contactos tamén inclúe un percorrido polas entidades e colectivos profesionais da cidade. “Non hai mellor forma que tomarlle o pulso á cidade que falando”, indicou.

“Conversas no Camiño é moito máis ca un slogan. É unha filosofía de traballo e unha forma de entender a nosa maneira de facer política”, salientou Agustín Hernández, que incidiu en que a característica principal desta campaña é “a proximidade” e estar “a pé de rúa”, cun obxectivo claro: poñerse a disposición de veciños, colectivos e entidades para coñecer as súas inquedanzas e as súas preocupacións.

“Ninguén discute que son os que mellor coñecen a realidade e as prioridades do concello”, indicou.
Neste senso, ‘Conversas no Camiño’ permitirá facer unha radiografía e actualizar a situación de Santiago: “O obxectivo e falar do que ocupa e preocupa aos veciños, para darlle traslado logo a un plan estratéxico da cidade, un plan de goberno, que recolla todas as súas necesidades”.

Agustín Hernández informou de que a iniciativa nace con vontade de “diálogo sosegado, real e permanente”, e non de postureo nin de dar a aparencia de ‘facer que facemos’ para logo tomar decisións á marxe do que ocupa á xente, tal e como practica o goberno de Compostela Aberta: “Porque do que se trata é de ser o canle que traslade as demandas
da xente á vida cotiá”.

Dous anos perdidos
Por outra banda, o portavoz popular aproveitou para valorar os dous anos de Martiño Noriega á fronte do Goberno de Santiago de Compostela. Para Agustín Hernández, é o aniversario de “dous anos perdidos”: “Non hai nada que celebrar, porque o que multiplica por cero é cero e, nestes dous anos, Santiago estivo multiplicando por
cero”.

Acusou a falta de liderado do alcalde en cuestións tan estratéxicas para a cidade como a nova depuradora ou a Intermodal. Neste senso, considerou un paso atrás para a cidade o convenio que firmou o alcalde e que compromete a execución da estación a cando se acaden os 3,5 millóns de viaxeiros. Dous anos, tamén, “sen ningunha novidade” en
política turística, cultural ou no ámbito deportivo e das infraestruturas; e dous anos “en branco” no avance do Plan Estratéxico de Turismo e do Plan Especial do CascoHistórico. Para Agustín Hernández, a imaxe que mellor reflicte o que é Compostela Aberta é a Nave 5: un espazo baleiro.

Para finalizar, o portavoz popular recordou a solicitude da convocatoria dun plenoextraordinario para poder comprometer actuacións no último tramo do mandato, como un plan plurianual para a mellora de vías e beiravías, un plan de sendas peonís, a mellora da planificación do transporte de viaxeiros, o regulamento do aparcamento ou o
saneamento do río Sarela, entre outros.

Deja una Respuesta