image

Hernández solicita la convocatoria urxente do Padroado da Fundación do Refuxio

O portavoz do Grupo Municipal Popular, Agustín Hernández, amosou a súa preocupación pola “situación de incerteza” que atravesa o Refuxio de Animais, polo que instou a Compostela Aberta a que convoque de maneira urxente o Padroado da Fundación para que o concelleiro responsable dea a coñecer o modelo de xestión e explique en que situación quedará a instalación tras a marcha, o vindeiro 13 de xullo, da actual directora. Neste senso, insta ao Goberno local a que informe “das súas liñas mestras e de acción para o mantemento e o impulso do Refuxio”. Do mesmo xeito, o grupo popular formulará unha pregunta oral no pleno de xuño para que CA transparente a súa actuación neste asunto.

Agustín Hernández recordou que, desde o pasado 21 de marzo, o grupo de goberno non volveu a convocar o Padroado da Fundación: “Vai para tres meses sen noticias do Refuxio e aínda non temos nin o modelo de xestión nin as bases para a selección dos novos postos de director e veterinario e, tampouco, temos ningunha proposta de orzamentos enriba da mesa”. Para o portavoz popular, “a situación é cando menos preocupante”. Neste senso, subliñou que, no mes de marzo, a concelleira de Benestar Animal comprometíase a ter en xuño os postos de dirección e de veterinario e estarían adxudicados, logo da realización dun concurso público.
Tal e como denunciou Agustín Hernández, “a actuación de Compostela Aberta no Refuxio de Animais é a mesma que está a facer noutros moitos asuntos desta cidade: primeiro, crea un problema onde non o había, xa que o Refuxio, a pesar da súa complexa xestión, funcionaba de xeito correcto; e, despois, amosa pasotismo e deixamento absoluto de funcións”. “Durante todo este tempo -continuou Agustín Hernández-, Compostela Aberta non fixo ningún esforzo por atopar unha solución”.

O responsable do grupo popular cualificou de “irresponsable” a decisión de cesar á actual directora, froito da obsesión da concelleira por despedir a responsable do Refuxio, que suporá un terzo do orzamento previsto.

Deja una Respuesta