foto agustin

Hernández subliña a falta de transparencia na decisión unilateral de CA de construír a depuradora

O responsable do Grupo Municipal Popular, Agustín Hernández, subliñou hoxe en rolda de prensa a total fata de transparencia na decisión unilateral de Compostela Aberta de construír a nova depuradora na Silvouta. Hernández destacou a grave irresponsabilidade deste alcalde ao que parece non importarlle que “o Concello de Santiago de Compostela perda 30 millóns de euros dos fondos europeos” destinados á construción desta infraestrutura hidráulica.

Incidiu en que “si Santiago perde tal cantidade de diñeiro, si é sancionada por presunto delito ecolóxico, si non se resolve a depuración ou si Compostela ten que pagar unha multa, a culpa só será do señor Noriega, que antepón as súas compoñendas particulares ao interese xeral.”

Hernández demandou ao Goberno de Compostela Aberta “claridade e responsabilidade”, e agregou que o alcalde está só improvisando, como o demostra a presentación desta suposta alternativa para xustificar o seu rexeitamento á depuradora do Souto, a única viable para resolver o problema de saneamento de Santiago”.

Para o Grupo Popular, as dúbidas respecto a esta decisión do alcalde son tan numerosas que resulta “incomprensible e irresponsable” que a estas alturas e, tras 2 anos e medio de conversacións sobre a execución da depuradora, non se teñan clarificado nin a metade delas.

Agustín Hernández insistiu en que “nada sabemos de si se tivo en conta que na Declaración de Impacto Ambiental (DIA) de 2009 xa se descartara a alternativa de construír unha nova instalación na mesma ubicación que actual, cuestión importante a efectos de garantir a seguridade xurídica do expediente”.
Así mesmo, non se entende que se os expertos da Universidade de Santiago de Compostela interviñeron en reunións técnicas con Acuaes, porqué non se traballou nese ámbito e con todos os grupos, antes de facer unha presentación de forma unilateral por parte do Goberno.

Por outra parte, Hernández insistiu en que non se sabe si o Goberno local conta cun certificado, informe ou ditame do órgano ambiental que garanta que non será necesaria a tramitación ambiental ordinaria.

Ademais, se descoñece si se estudaron os prazos para redactar proxectos e realizar as tramitacións ou os prazos necesarios no caso de ter que tramitar unha Declaración de Impacto Ordinaria”. “Non sabemos tampouco si existe algún informe do explotador da EDAR ao respecto da viabilidade, custe e problemáticas de sustituila por fases”, engadiu.

Hernández remarcou que “tampouco está claro que se analizase o terreo da actual EDAR para ver a implantación dos elementos a construír a efectos da súa cimentación; nada se sabe tampouco sobre os posibles custes enerxéticos das recirculacións precisas para encaixar unha solución para o mesmo caudal nunha superficie menor; e se ignora, no tema dos olores, se sé valorou o impacto no entorno da Silvouta, ante a posibilidade dunha avaría ou mal funcionamento das torres de desodorización”.

Agustín Hernández lembrou que os prazos de tramitación e execución doutras depuradoras similares en Galicia e en España, poden non ser compatibles co mantemento dos fondos europeos e que, ademais, existe a posibilidade de que se plantexe un recurso á nova ubicación o que engadiría maior incertidume ao proceso.

“Tampouco parece que o Goberno local tivera en conta as consecuencias que poden repercutir no Concello, polo tanto nos veciños, no caso dunha sanción por incumprimento da normativa de vertidos”, dixo.

Deja una Respuesta