FOTO ENCUENTRO FAMILIAS

Equiparar a Galicia cos lugares máis avanzados de Europa en axudas para a natalidade

O candidato do Partido Popular pola provincia da Coruña nas eleccións autonómicas do próximo día 25, José Manuel Rey Varela, defendeu hoxe na cidade da Coruña que o seu partido aposta por equiparar a Galicia cos lugares máis desenvolvidos de Europa en axudas para fomentar a natalidade.

Nun encontro con familias, Rey Varela puxo sobre a mesa que os populares teñen como obxectivo desenvolver e aprobar unha Lei Demográfica e unha Lei de Conciliación Familiar en Galicia, que se unan ao Plan de Axuda á Natalidade desenvolvido pola Xunta de Galicia, para “facer de Galicia o mellor lugar para ter fillos”.

“As familias son básicas na estrutura de calquera comunidade e na estrutura de calquera país”, defendeu Rey Varela, quen asegurou que, no último ano, déronse “pasos importantes” para conseguir que as familias teñan “máis facilidades para ter nenos”.

Programas pioneiros
Neste sentido, o candidato dos populares lembrou que o goberno encabezado por Alberto Núñez Feijóo incrementou as axudas directas por fillo, as prazas en escolas infantís e puxo en funcionamento dous programas “pioneiros” como son o Bono Coidado e o Bono Concilia.

En canto ao primeiro deles, Rey Varela explicou que a axuda consiste nunha achega para contribuír ao pago do importe do coidado dun menor no seu domicilio por enfermidade do neno e imposibilidade do súa coidador.

Pola súa banda, o Bono Concilia agrupa un programa de axudas económicas directas ás familias para colaborar no pago dunha praza nunha escola infantil privada, naqueles casos de nenos que queden en lista de espera nas escolas infantís publicas, ou residan en localidade nas que non existen plazas públicas.

Leas fronte a estabilidade
Noutra orde de cousas, o popular tamén adiantou o que, ao seu xuízo, os galegos poderán ver hoxe no debate entre os cinco candidatos que emite a TVG. “Quedará reflectido o que xa todos sabemos, que fronte á estabilidade de Núñez Feijóo, o único que hai é unha lea de partidos que non son capaces de poñerse de acordo nin entre eles, nin entre os integrantes de cada unha das formacións”, dixo.

Ante esta situación, e a pesar das enquisas que falan dunha posible maioría dos populares o 25S, o candidato insistiu na “importancia” de que a xente acuda a votar xa que, na súa opinión, a súa formación “non ten nada gañado”, e lembrou que a única enquisa que vale é a do día das eleccións.

Deja una Respuesta