IMG_20190111_151907

La falta de previsión de Arzúa perxudica aos usuarios do transporte escolar de Burres

O pasado mércores comezaron as obras de asfaltado de parte da rede viaria que conduce ao nucleo da Calzada, na parroquia arzuá de Burres. O inicio das obras, que coa denominación "Camiño na Calzada e outro" se inclúen no Plan único de concellos POS+2017, financiado pola Deputación da Coruña, motivou as queixas dos pais de nenos que utilizan o servizo de transporte escolar para acudir ao colexio público de Arzúa. Algúns dos pais e nais afectados transmitíronlle ao candidato do Partido Popular, Rafael Rivadulla, o seu malestar co Concello, por non ter este avisado coa suficiente antelación e detalle das vías que se verían afectadas e das alteracións nas paradas e no horario de recollida dos rapaces. Isto, xunto co descoñecendo do momento exacto de inicio e finalización das obras, tenlles provocado notables perxuizos xa que, o mércores, o bus escolar chegou a acumular un retraso de ata 20 minutos, por mor de que non todas as rutas alternativas estaban dispoñibles.

Dende o Partido Popular de Arzúa, se ben valoran positivamente o beneficio que reporta a obra para os veciños do lugar da Calzada, sinalan que “o servizo de transporte está regulado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, e as alteracións nas rutas escolares deberanse ter previsto e, sobre todo, debéranse ter comunicado aos afectados con maior antelación”. Rafael Rivadulla considera que se trata doutra mostra máis de desleixamento por parte do goberno municipal, que, neste caso, “non pode esgrimir a falta de tempo como excusa, xa que o contrato da obra foi formalizado o 11 de xuño de 2018, contando con tempo suficiente o Concello para a súa xestión”.

Deja una Respuesta