BATAN

Lista a conexión do alcantarillado dende a área recreativa da Veiga ata Batán

O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, informou esta mañá do remate da primeira fase das obras da conexión da rede de alcantarillado dende a área recreativa da Veiga ata Batán.

Unha actuación coa que se amplía este servizo básico, evitando que as vivendas deste núcleo continúen vertendo ós ríos colindantes e logrando erradicar os tradicionais pozos negros. Unha intervención orzamentada en máis de 73.000 euros e financiada con cargo ó Plan de Acción Social da Deputación provincial da Coruña.

O núcleo de Batán conta cunha rede alcantarillado que parte de Batán de Abaixo e discurre paralelo ó río e, con esta intervención, dáse solución ás vivendas que se atopan illadas deste servizo. Para iso, procedeuse á construción dun colector de gravidade co que canalizar as augas fecais ata conectar coa rede de saneamento, evitando así ós verquidos de residuais non tratados ó medio natural.

Tralas obras procedeuse á reposición do pavimento da calzada afectada mediante un tratamento con regos asfálticos, así como a reposición dos pasos salvacunetas de acceso a varias vivendas.

Unidade móbil da ITV

Por outra banda, O Concello de Cabanas informa de que unha unidade móbil da ITV se desprazará este mércores e xoves ó municipio para que os propietarios de vehículos agrícolas poidan realizan as correspondentes inspeccións técnicas sen necesidade de moverse de Cabanas.

O servizo ubicarase no entorno do pavillón municipal de Lavandeira. Este mércores, en horario de mañá e tarde, de 9 a 13,30 e de 15,15 a 18 horas. E o día 24, xoves, as revisións poderán concertarse de 9 a 13,30 horas.

Por este motivo, os interesados poden solicitar cita previa ben no teléfono 902 30 90 00 ben a través da páxina web www.sycitv.com.

Deja una Respuesta