IMG_5880

Los comerciantes trasladan ao PP o sue malestar pola falta de iluminación de Nadal

Nin unha soa luz do Nadal no Concello de Teo a 10 días da Noiteboa. Os comerciantes trasladan ao Partido Popular o seu malestar polas consecuencias das afirmacións realizadas polo alcalde no pasado pleno, segundo as cales delega nos propios veciños xestionar e custear a iluminación pública do Nadal.

Ningunha das zonas que concentra algunha actividade comercial no Concello conta cunha soa luz de Nadal. E tampouco en ningunha outra zona do municipio. Seguindo o ronsel da tendencia marcada polo Concello de Santiago, o bipartito leva ao máximo extremo o seu sectario modelo político e as luces en Teo brillan pola súa ausencia. Preguntado por esta cuestión no pasado pleno, o alcalde manifestou que se trata dunha celebración relixiosa e que, por conseguinte, debe ser a Igrexa quen coloque o que estime oportuno se quere celebrar o Nadal. Ante iso, os populares argumentaron a incidencia que ten a iluminación como estímulo sobre a actividade comercial, ante o que o rexedor teense insistíu: se os comerciantes queren luces, han de ser eles os que as coloque e paguen.

Para os populares teenses, isto non fai máis que incidir no seu sectario modelo político. En palabras de José Manuel Guerra, "resulta incrible que o alcalde rasgue as vestiduras por poñer adornos do Nadal demandados pola xeralidade da veciñanza, cando non ten ningún empacho en sacar bandeiras republicanas ao balcón do Concello ou en cambiar o nome do auditorio municipal polo dun tenente alcalde republicano de 1936. Debe entender o Sr Sisto que non hai ningún teense católico, e pola contra imaxina que debemos ser todos republicanos". Para os populares teenses, esta circustancia manifesta unha vez máis que é o señor Noriega quen segue gobernando en Teo, xa que traslada ao noso concello aquilo que se fai en Santiago e que outros concellos das Mareas de Podemos como o de Coruña xa teñen superado.

Deja una Respuesta