castrillón

Máis dun centenar de veciños tomarán parte no Xantar de Nadal de Cabanas

Un total de 136 veciños e veciñas de Cabanas tomarán parte este venres no Xantar de confraternidade que, cada ano, promove o Concello nas vísperas das festas de Nadal. Onte concluía o prazo para anotarse na cita, que terá lugar no Hotel Iberia.
No transcurso do xantar, o alcalde, Germán Castrillón, avanzou que o Concello, unha vez máis, homenaxeará ó matrimonio presente que leve máis anos xunto e non recibise este pequeno tributo a unha vida en común en edicións anteriores. Tamén ó veciño ou veciña de maior idade que comparta ese día mesa.
O menú do xantar inclúe empanada, sopa, cocido e postre, así como unha selección de doces de Nadal. E, trala comida, os asistentes poderán disfrutar dun baile amenizado con música en directo, a cargo do Dúo Tribal.

Deja una Respuesta