MARTA MARÍA LÓPEZ PENA, NOVA PORTAVOZ DO PP EN CARIÑO

O Grupo Municipal do Partido Popular de Cariño, designou, como Portavoz, a Marta María López Pena, e a Ana María López Fernández como suplente do mesmo grupo, en sustitución de Montse Pérez Pena, quen renunciou como portavoz e concelleira.

Marta María López Pena, naceu en 1976, en Cariño, sendo Titulada Universitaria en Ciencias Empresariais e Economía e conta con Másteres en Finanzas, Planificación Financeira e Xestión Patrimonial, e en Asesoramento Financeiro, Xestión de Carteiras e Xerencia de Riscos.

A nova portavoz calificou o seu nomeamento de "importante responsabilidade e reto apasionante" e agradeceu a "confianza e o apoio transmitido polo los que conforman o Partido Popular, para seguir traballando por trasladar a mensaxe e o proxecto do PP para Cariño", na idea de "impulsar o desenvolvemento económico e social e de benestar, a igualdade no trato entre todas as parroquias e entre todos os veciños, loitar pola eficacia e eficiencia na xestión dos recursos públicos e xerar oportunidades e perspectivas de futuro para o noso municipio

Deja una Respuesta