EJECUTIVA LOCAL

Mato cualifica de “boa noticia” o acordo entre Xunta e Portos do Estado

A presidenta local do Partido Popular, Beatriz Mato, cualificou hoxe de “boa noticia”o acordo asinado onte entre a Xunta de Galicia e Portos do Estado que garante o carácter público dos peiraos de Batería e Calvo Sotelo.

A popular xustificou a súa postura lembrando que, desta maneira, a Xunta de Galicia “cumpre con todos os coruñeses”,e cumpre cun acordo plenario que, tal e como explicou, pedíalle expresamente o executivo galego e ao seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, que defendese os intereses dos cidadáns da Coruña e evitase a poxa pública destes terreos portuarios.

Ademais, Mato indicou que a firma de onte é tamén unha boa noticia porque supón que a Xunta de Galicia volverá realizar un “importante investimento”de 20 millóns de euros na cidade. “O que podemos extraer de todo isto son as diferenzas que existen entre administracións que traballan, que dan pasos para resolver problemas, administracións que avanzan para facer da Coruña unha cidade moitísimo mellor e outras que, con todo, en lugar de traballar están a marear”.

 Por todo iso, a presidenta local dous populares convidou ao Concello da Coruña a que “se alegre desta magnífica noticia” e, sobre todo, a que “se sume a traballar para avanzar”. Ademais, Mato lembrou que este paso é “necesario e previo para seguir definindo a cidade”.

 Por último, a popular lembrou que esta é a segunda vez que o goberno da Xunta acode a chamada da cidade cun asunto do porto, tras facer o mesmo no 2004 cando o solicitou un goberno socialista.

Deja una Respuesta