IMG_4570

Mato y Prado insisten na importancia de ir a votar para conseguir "a maioría aplastante"

As candidatas ao Parlamento galego Beatriz Mato e Paula, que participaron esta tarde nun mitin de Santa Comba, coincidiron en subliñar a importancia de acudir ás urnas o próximo 25 de setembro, “porque as enquisas non enchen as urnas; os votos, si”. As candidatas estiveron acompañadas pola alcaldesa do municipio, María Pose.

Neste senso, Beatriz Mato subliñou que “de aquí ao 24 de setembro temos que conseguir o que xa fixemos hai catro anos: volver conseguir a maioría aplastante dos galegos e galegas”. Tal e como indicou, “precisamos dun goberno estable e serio”, que tan só nolo pode dar Alberto Núñez Feijóo: “Queremos unha Galicia mellor e máis grande, que consolide as melloras que acadamos nos últimos anos”. Mato destacou tamén os investimentos realizados en Santa Comba. Así, recordou que este concello recibiu máis de 37 millóns de euros, entre os que salientou os máis de catro para a mellora do saneamento e abastecemento cunha nova EDAR.
Pola súa banda, Paula Prado destacou que o 25 de setembro, Santa Comba e Galicia xóganse moito: ter ou non un presidente con proxecto: “O PPdeG é o único que garante que Galicia poida continuar a senda da recuperación económica iniciada da man do goberno de Núñez Feijóo”. “E proba diso -engadiu- é que levamos once trimestres seguidos de crecemento interanual positivo de emprego. No último ano, a economía galega medrou máis que a alemá, que a francesa e que a estadounidense”.

Para finalizar, indicou que “votar PP é votar por un proxecto sólido de servizo a Galicia ante outros partidos que só pensan en unirse e repartirse despachos”. “A xente quere ter máis e mellores servizos públicos. E o Partido Popular e o presidente Feijóo xa teñen demostrado de que o poden facer”, destacou Paula Prado, quen recordou o incremento das prazas en escolas infantís, en centros de día e, tamén, en residencias da terceira idade.

Deja una Respuesta