Unknown-1

Melide guiarase polos expertos para mellorar a calidad da agua do río Furelo

O goberno municipal de Melide tomará todas e cada unha das decisións que sexan necesarias para realizar as inversións que os expertos recomenden co obxecto de mellorar a calidade da agua do río Furelos. Así o anunciou hoxe a alcaldesa, Dalia García, durante un pleno municipal no que tamén explicou as actuacións xa adoptadas polo seu executivo para pór en valor a praia fluvial e para extender a rede de saneamento. Na mesma sesión, a rexedora lamentou o electoralismo da oposición nun asunto cuxa solución debera preocuparlle.

Os membros da corporación analizaron no pleno a situación da zona de baño do Furelos. Coa mesma transparencia coa que xa o fixera, a petición propia, no último pleno ordinario, a alcaldesa puxo ao tanto a PSOE e BNG de todos os pasos dados para a mellora da calidade da auga do río. Aínda que os edís da oposición non mostraron interese en coñecer a realidade da praia fluvial, a rexedora espuxo que a folla de ruta do seu goberno neste ámbito a marcará o estudo científico recentemente encargado polo Concello á Universidade. Socialistas e nacionalistas mesmo chegaron a pór en cuestión o traballo dos técnicos da Administración autonómica e a validez dos datos oficiais.

A alcaldesa comprometeuse a facer públicos na súa integridade os resultados do citado estudo e as súas conclusións: se hai que retirar elementos do río ou non, se hai que reubicar comportas para facilitar a osixenación do cauce ou non… Será a primera vez, en todo caso, na que se manexen analíticas dende o mes de maio ata o de decembro, a lo menos, en varios puntos da cunca do río, que non se circunscribe soamente ao termo municipal de Melide.

García subliñou tamén que a calificación oficial da auga de baño como apta depende dunha fórmula matemática referenciada aos catro anos anteriores aos da tempada en curso. Unha calificación negativa no 2018 non significa necesariamente que na actualidade a auga do río Furelos non cumpra cos parámetros establecidos pola normativa vixente, senón que non o fixo en momentos puntuais do período 2014-2017. De feito, a alcaldesa resaltou que nas cinco mostras analizadas dende o día 22 de maio de este ano ata actualidade, a análise científica determinou que a auga cumpre cos parámetros establecidos na Directiva 2006/7/CE, tal como esixe a normativa española.

Na súa intervención, a alcaldesa tamén deixou claro que o seu goberno non vai permitir a instrumentalización electoralista deste asunto. E advertiu tanto ao PSOE como ao BNG que non aceptaría leccións dos seus partidos.

 

Cuestións sobre saneamento municipal

A segunda parte do pleno versou sobre a petición de explicacións ao goberno municipal en materia de saneamento. En concreto o executivo de Dalia García recriminou á oposición que, non por repetir unha mentira varias veces, esta se convertirá en realidade, en alusión ao intento inxustificado de PSOE e BNG de vincular a rede de saneamento co estado da auga do río.

O goberno municipal espuxo que os desbordes ocasionais na rede de saneamento veñen dados de herdanzas envelenadas, como é o caso da Avenida de Compostela. Fronte a isto, o goberno local propón solucións como o deslinde e redes separativas, ademais da implicación doutras Administracións, como a Consellería de Infraestruturas nun proxecto de mellora de canalización de caudais na AC-840. Cun investimento de máis de 251.000 euros, executarase proximamente.

Para o goberno local é lamentable que a oposición se centre en non analizar os datos que hai enriba da mesa ou en pedir máis explicacións sobre os pasos dados, o que indica a orixe, claramente partidista, das supostas preocupacións tanto do PSOE como do BNG. Ambos partidos deixaron de manifesto a súa intención clara de non cooperar en temas tan imporantes como é o río Furelos para a dinámica turística e económica dun pobo de interior como é Melide.

Deja una Respuesta