FOTO CANIDATURA MUROS

Monteagudo piden ao Concello que dea cumprimento ao acordo da baixada do IBI

O pasado 23 de marzo o Grupo Popular do concello de Muros presentou una moción na que se pide ao executivo local que se dea cumplimento sen máis demora ao acordo de baixada do IBI ao 0,4% para bens de naturaleza urbana e ao 0,3% para os de naturaleza rústica, aprobado polo pleno o 26 de novembro de 2015.

Ademais proponse ao pleno solicitar do Ministerio de Facenda unha moratoria en relación coa regularización catastral, de tal modo que se teñan en conta as características propias dos concellos de Galicia. Outra proposta ten relación coa necesidade de que as edificacións e explotacións agrarias, gandeiras e similares conten con exencións o máis amplas posibles, para evitar unha sobrevaloración do patrimonio dos titulares destas explotacións, que os perxudique á hora de, por exemplo, solicitar unha beca para os seus fillos estudantes.

Pasaron 5 meses dende a aprobación polo pleno da moción do Grupo Popular na que se pedía a baixada do IBI e a aplicación de bonificacións, e o goberno local non da mostrar de estar pola labor de executar o acordo, nen este nen outros, como non se dou cumprimento ao acordo para facer o seguimento das obras da piscina, que se demoraron oito meses, ou o de promoción do leite galego, ou o acondicionamento do cemiterio municipal da Atalaia, ou as actuacións de prevención de violencia de xénero.

Esta deixadez está ocasionando perxuízos aos veciños de Muros, que ven como se van perdendo servizos e se vai deteriorando a calidade dos que quedan. Os problemas co alumbrado e o servizo de recollida de lixo continúan, as actuacións que se desenvolven quedan a medio facer (restos de poda por todo o concello), a planificación turística brilla pola súa ausencia, as actuacións de promoción económica nin están nin se lles espera... O desgoberno apropiase da institución, con demandas de traballadores e problemas na prestación de servizos tan básicos como a auga potable. A renuncia do goberno local a solicitar o Plan de aforro e investimento da Deputación (máis de 200.000 euros) alegando que os investimentos que pedía o Grupo Popular se ían executar con cargo ao orzamento é unha mostra máis do despropósito no que estamos sumidos. As obras propostas polo Grupo Popular para facer con cargo ao PAI suporían un 35% do PAI, segundo a valoración que fai o propio goberno municipal, polo que o resto (o 65%) podíase ter destinado a amortizar préstamo, pero nen houbo diálogo nen negociación de ningún tipo, nen tan sequera se convocou o pleno para tratar o tema.

Instamos unha vez máis ao goberno de CxG a dialogar e tratar de chegar a acordos polo ben do Concello. Con cada dato que se vai coñecendo a posición do noso concello vaise degradando cada vez un pouquiño máis, perda de poboación, desemprego, peche de negocios e comercios,   teñen que facernos reflexionar, Muros precisa dun pulo que non vemos que este goberno sexa capaz de poñer en marcha só.

 

 

Deja una Respuesta