IMG_4298

Noriega non logra a normalidade na xestión da rede de Centros socioculturais

O Grupo Municipal Popular denunciou hoxe que a xestión da rede Centros Socioculturais en Santiago non parece mellorar co paso dos días, xa que, neste momento, os problemas aos que se enfrontan lonxe de mellorar parece que se multiplican, a pesar de ser agora o propio alcalde o encargado de xestionalos, tal como anunciou el mesmo, despois de desautorizar por dúas veces as súas concelleiras, Branca Novo e Concha Fernández.

 

Tal e como explicaba a principio de mes o Grupo Municipal Popular, o Goberno de Compostela Aberta non ten un proxecto para os centros, como o demostran distintas situacións.

 

Así, os prezos das actividades aínda se aprobaron esta semana, polo que este venres, cando se inicien os cursos, os usuarios coñecerán alí mesmo o custe e, nalgúns casos, terán que pagar o dobre que en anteriores ocasións, o que supón un grave inconvinte para os usuarios, polo que haberá que ver o nivel final de matrícula ao coñecerse o cambio de custe.

 

Por outra banda, o Goberno de Mariño Noriega volve a botar balóns foras e destitúe á responsable do contrato de Servizo de dinamización e mediación sociocultural da rede de CSC, situándoa como responsable dunha desfeita produto da maneira de traballar do alcalde, é dicir, “a non facer nada e a votarlle a culpa aos demais, eludindo calquera tipo de responsabilidade como si el no fora o alcalde”.

 

Pero a maiores destes problemas non podemos esquecer os tantas veces denunciados polo Grupo que dirixe Agustín Hernández relacionados co persoal  e con outros aspectos, como o económico.

 

Os centros socioculturais foron deteriorando a súa relación coa cidadanía, co tecido asociativo, porque hai un desleixo total do grupo de goberno de Compostela Aberta, que se caracteriza por ser “un goberno de clientelismo e amiguismo, que se aparta desa esfera non lle interesa”.

Deja una Respuesta